Congreso 'Mediación penal. Cara a unha resposta máis reparadora para a vítima'

Data : 9 de novembro de 2017 Ata 10 de novembro de 2017

Hora: 16.00 h

Lugar: salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia - Campus de Vigo

Asisten: Almudena Bergareche, decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo; Ignacio López Chaves, delegado da Xunta de Galicia en Vigo; Lourdes Carballo, decana do Colexio de Avogados de Vigo e Esther Pillado, directora do congreso

O congreso Mediación penal. Cara a unha resposta máis reparadora para a vítima celébrase os días 9 e 10 de novembro co obxectivo de realizar un estudo sistemático e crítico da mediación penal, centrada especialmente no impacto que a mesma pode producir na vítima do delito á que se lle dá protagonismo na resolución do conflito. Este congreso tamén é o primeiro da Asociación Española de Justicia Terapéutica e nel tomarán parte destacados especialistas dos ámbitos da mediación penal. 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal