Ciclo Cine e Lingua: proxección de 'The misfits'

Data : 15 de novembro de 2017

Campus de Vigo

Ciclo Cine e Lingua: proxección de The Misfits

Hora: 20.00 h
Lugar: auditorio do edificio Cambón, rúa Oliva, 3

Unha nova edición do Ciclo de Cine e Lingua continúa coa proxección de The Misfits (1961), de John Huston. Esta actividade está organizada ao abeiro da programación cultural da Universidade de Vigo co apoio do Centro de Linguas da Universidade, incluíndo nesta ocasión películas en versión orixinal en inglés con subtítulos en español.

O profesor Keith Payne será o encargado de presentar a película e moderar o coloquio posterior.

A entrada é de balde ata completar a capacidade do auditorio.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal