luns 18 de decembro de 2017

O Campus Universitario Ourense Coosur gañou esta fin de semana a Durango

O equipo de rugby volve a demostrar a súa fortaleza na casa

Con este resultado mantense sexto do seu grupo na División de Honra B estatal

Duvi | Ourense

Partido xogado na casa, partido gañado. Seguindo con esta dinámica iniciada a principios de tempada, o Campus Universitario Ourense Coosur de rugby sumou esta fin de semana unha nova vitoria nas instalacións universitarias. Os xogadores de David Moreal recibiron ao Durango Nissan-Gaursa RT e dominaron un encontro no que acadaron un resultado final de 45-22. Con esta vitoria, o equipo do campus mantense no sexto posto do grupo A da División de Honra B do rugby estatal, con seis vitorias e seis derrotas.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal