luns 11 de decembro de 2017

O Campus Universitario Ourense Coosur gañou ao SilverStorm El Salvador Emerging de Valladolid

O equipo de rugby volve na casa á senda da vitoria

Con este resultado sitúase sexto do seu grupo

Duvi | Ourense

Fiel á súa dinámica desta tempada, o Campus Universitario Ourense Coosur de rugby gañou esta fin de semana na casa ao SilverStorm El Salvador Emerging de Valladolid. Os ourensáns amosaron unha vez máis o seu dominio cando xogan nas instalacións universitarias do campus, gañando por 36-7 un encontro que desde o seu comezo dominaron. Con este resultado, os xogadores de David Monreal sitúanse no sexto posto do grupo A da División de Honra B do rugby estatal, con cinco vitorias e seis derrotas. A vindeira fin de semana o equipo universitario enfrontarase, tamén na casa, ao Durango Nissan-Gaursa RT, situado no oitavo posto da táboa. 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal