xoves 2 de novembro de 2017

A cita terá lugar o sábado 4 de novembro no Edificio de Ferro

O Torneo Activo Campus de Ourense reunirá a 60 xogadores e xogadoras

O seu obxectivo é contribuír á divulgación deste deporte

Duvi | Ourense

O Edificio de Ferro do campus de Ourense acollerá o sábado, 4 de novembro, o Torneo Activo Campus de Ourense 2017. A cita, que celebra anualmente a Asociación de Xadrez Ourensán Universitario, reunirá segundo a organización a arredor de 60 ou 70 xogadores e xogadoras de diferentes idades, estando aínda aberto o prazo de inscrición. O sistema de xogo será suízo a a seis ou sete rondas en función da participación cun ritmo de 15 minutos máis tres segundos por xogada, rexéndose pola normativa FIDE que corresponde. A actividade, explica Lino Hermida, director do torneo e da asociación organizadora, forma parte das actividades de divulgación deste deporte que organiza o club universitario de xadrez. O seu obxectivo é unha vez máis contribuír a fomentar a práctica do xadrez entre a cidadanía, especialmente entre os máis novos e novas. Por este motivo, desde a organización animan a todas as persoas interesadas a participar nesta cita xa consolidada no calendario de xadrez ourensán.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal