luns 30 de outubro de 2017

O Campus Universitario Ourense Coosur gañou ao Uribealdea por 41-35

O equipo de rugby suma unha nova vitoria na casa

Con este resultado colócase no sétimo posto do seu grupo na División de Honra B estatal

Duvi | Ourense

O Campus Universitario Ourense Coosur continúa coa dinámica iniciada esta tempada no Grupo A da División de Honra B do rugby estatal de gañar cando xoga na casa e perder cando o fai fóra das instalacións universitarias. Esta fin de semana, o equipo recibiu ao Uribealdea e os xogadores de David Monreal conseguiron sumar unha vitoria cun marcador final de 41-35. Foi un partido moi igualado e disputado desde o principio, rematando a primeira parte cun marcador de 27-22. Na segunda metade, continuou a disputa por facerse co encontro ata literalmente o último minuto. Con este resultado, o Campus Universitario Ourense Coosur sitúase no sétimo posto da táboa, acumulando tres vitorias na casa e tres derrotas fóra dela.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal