martes 7 de novembro de 2017

Dirixido a alumnado e titulados, desenvolveranse neste centro entre o 10 e o 19 de novembro

Fisioterapia aborda o tratamento das rexións cervical e cráneo-mandibular nun novo curso

A abordaxe conxunta de ambas zonas permite abordar patoloxías como cefaleas, vértigos ou acúfenos

Duvi | Pontevedra

Entre a zona cervical e a cráneo-mandibular existen relacións tanto a nivel muscular como vásculo-nerviosas que fan dunha abordaxe conxunta un aspecto fundamental para o tratamento de patoloxías como acúfenos, cervicalxias, vertixes ou cefaleas. Co propósito de achegar tanto a alumnado como a egresadas e egresados a este tratamento global, a Facultade de Fisioterapia promove por primeira vez o curso complementario Valoración e tratamento da rexión cervical e a súa relación cráneo-mandibular (ATM), que dirixe o profesor Gustavo Rodríguez e que, entre os días 10 e 19 deste mes, impartirán no campus os fisioterapeutas Pablo Hernández e Delfín Campos.

O obxectivo deste curso de 50 horas, dirixido tanto a titulados como a estudantes dos dous últimos cursos do grao, é, sinala Rodríguez Fuentes, “dar a coñecer ao alumnado do mesmo un enfoque global” do tratamento destas áreas, que abrangue a compresión da biomecánica e anatomía do “complexo cervico-cráneo.mandíbular”, como a realización das técnicas de tratamento articular, muscular e miofascial que permiten abordar diferentes patoloxías asociadas a esta zona. Non en van, “a afectación dunha das súas parte pode conlevar a patoloxías que se manifestan nunha ou noutra”, engade o diector dun curso aberto a un máximo de 24 alumnos, que mantén aberta a súa preinscrición na plataforma Bubela.

Dúas partes dunha abordaxe conxunta

De carácter fundamentalmente práctico, o curso que se desenvolverá nas xornadas de venres, sábado e domingo contará con dúas partes diferenciadas, un primeiro seminario centrado na rexión cervical e un segundo dirixido a abordar a cráneo-mandiblar. “A través dos casos clínicos será como se relacionarán ambos seminarios, co obxectivo de que o alumno aprenda a valorar e tratar as patoloxías que cursan nesa rexión de maneira global, alcanzando así un maior éxito terapéutico”, engade este docente.

A formación sobre a rexión cervical correspodenderalle ao fisioterapeuta e profesor asociado de Ciencias da Saúde da Universidade Pablo Hernández, quen nas primeiras tres sesións abordará a anatomía aplicada desta rexión cervical e da articulación temporomandibular, así como súa a biomecánica, a valoración articular e muscular e as técnicas manipulativas e de liberación miofascial que se poden aplicar no comlexo cervical.

A seguinte fin de semana, será Delfín Campos, da clínica ourensá NeuroBurgas, o encargado de abordar a valoración articular e muscular da ATM e as técnicas de liberación miofascial e manipulativas a empregar, así como a abordaxe de casos clínicos, como as migrañas ou o bursismo. “O tratamento da articulación temporomandibular ten como obxectivo a normalización da articulación, o que se consegue cunha boa valoración que poida darnos as claves do tratamento tanto a nivel articular como miofascial”, sinala Rodríguez Fuentes d

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal