Campus de Vigo

martes 14 de novembro de 2017

A Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu este martes as Xornadas profesionais GÁLIX

Coa participación de Ledicia Costas, Francisco Castro, Mercedes Pacheco e Montse Pena

Francisco Castro, Ledicia Costas, Mercedes Pacheco e Montse Pena nun intre da mesa redonda

 O Galician Books for Children & Young Adults, máis coñecido como Catálogo de Boloña, é o escaparate no que cada ano, dende 2005, se reúne en tres linguas -galego, español e inglés- os títulos máis representativos da produción editorial galega infantil e xuvenil. Elaborado por Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, e financiado pola Xunta de Galicia, o catálogo está, a xuízo dalgún das e dos principais escritores, editores e críticos do país, infrautilizado

martes 14 de novembro de 2017

O investigador Noé Ferreira desenvolverá o seu estudo nas universidades de Vigo, Oklahoma e Ovidius

Contará co apoio do National Mississippi River Museum & Aquarium e de universidades de Uruguai, Portugal e China

O investigador Noé Ferreira desenvolverá o seu estudo nas universidades de Vigo, Oklahoma e Ovidius

Dunha viaxe xorde outra. Este é o caso do investigador Noé Ferreira, do grupo de investigación de Ecoloxía Acuática. Tres presentar a súa tese de doutoramento en decembro de 2016 sobre a ameixa asiática, lanzouse a unha viaxe de varios meses arredor do mundo. Neste tempo traballou de voluntario en varios países pero tamén aproveitou as súas estadías en diferentes partes do mundo para establecer contactos científicos que agora se plasman nun novo proxecto de investigación que porá en contacto as concas dos ríos Miño, Danubio, Yangtzé e Mississippi. Ata 2020 traballará a cabalo entre as universidades de Vigo, Oklahoma (USA) e Ovidius (Romanía) para analizar dende o punto de vista ecolóxico e social o declive das naiades nativas ou mexillóns de río e valorar a importancia da alteración das concas, da contaminación e da introdución de especies exóticas invasoras neste proceso.

martes 14 de novembro de 2017

A curta recolle os resultados dun estudo multidisciplinar liderado pola Universidade de Stanford

A curta recolle os resultados dun estudo multidisciplinar liderado pola Universidade de Stanford

A comunidade científica xa sabía que a diversidade vexetal inflúe nas reservas de carbono e axuda a mitigar os efectos do cambio climático. O que apenas se tiña estudado é se existe un impacto similar producido pola diversidade animal. Por iso, un equipo multidisciplinar de científicos de varios países, liderados pola Universidade de Standford, puxo en marcha un proxecto na Amazonía no que contaron co coñecemento ancestral de indíxenas das tribos Makushi, Wapishana e Wai-Wai de Güiana. Os resultados do estudo recóllense no novo vídeo do grupo Divulgare, do Laboratorio de Ecoloxía e Evolución de Plantas.

 

martes 14 de novembro de 2017

Na xornada del limpeza organizada por Adega, Campus do Mar e o Centro de Investigación Mariña

Foto de familia do grupo de voluntarias e voluntarios que participaron na limpeza da praia de Panxón en Nigrán

De Ribadeo a Baiona, pasando por Muxía, O Grove e Porto de Son, decenas de persoas participaron a pasada fin de semana na xornada de limpeza simultánea de praias organizada por Adega, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e Campus do Mar e que se saldou coa recollida de máis de 1000 quilos de desperdicios, dos que máis de 200 corresponden aos tres areais da ría de Vigo nos que se desenvolveu a iniciativa. “No caso da ría de Vigo o número de voluntarios foi de 19 na Praia da Ladeira en Baiona, 22 en Arnedo e a Xunqueira en Moaña e 30 Panxón, en Nigrán.

luns 13 de novembro de 2017

Co gallo da Semana da Ciencia, estudantes do CES Aloya descobren o Centro de Investigación Biomédica

Participaron en obradoiros de histoloxía, neurofisioloxía, citometría e inmunoloxía

O alumnado 'explorando o mundo nano'

Preto de cincuenta estudantes dos ciclos de grao superior de Laboratorio Clínico y Biomédico e de Anatomía Patológica y Citodiagnóstico do Centro de Estudios Superiores Aloya de Vigo foron as e os primeiros en visitar este luns o Centro de Investigación Biomédica da Universidade de Vigo, na primeira xornada de portas abertas que, con motivo da Semana da Ciencia, organiza Cinbio. As e os alumnos de Aloya foron recibidos no salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais pola directora do centro, África González, que lles explicou os obxectivos e dinámicas de traballo do Cinbio.

luns 13 de novembro de 2017

Nun seminario organizado ao abeiro da Cátedra Deloitte

O seminario está organizado ao abeiro da Cátedra Deloitte

O constante crecemento do comercio electrónico, o elevado tráfico de datos sensibles (persoais, bancarios, etc.) a través da rede, o almacenamento de documentación na nube, as redes sociais…. Cada vez as tecnoloxías da información e a comunicación son máis útiles pero tamén representan unha contorna potencialmente vulnerable para os intereses dos seus usuarios. Por iso, a seguridade destes medios estase a converter nunha prioridade e tamén nunha oportunidade profesional moi destacable para as e os enxeñeiros de Telecomunicación. Para coñecer estas posibilidades, a EET acolle este luns e martes un seminario de perspectivas de mercado en ciberseguridade impartido por CyberSOC Academy.

luns 13 de novembro de 2017

Visitou a Facultade de Filoloxía e Tradución convidada polo Delegación de Alumnado

Na actualidade traballan no Parlamento Europeo 400 intérpretes fixos e outros tantos 'freelance'

A eurodiputada Ana Miranda no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución

A eurodiputada galega Ana Miranda visitou este luns o campus de Vigo convidada pola Delegación de Alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución para participar nun faladoiro no que a política do Bloque Nacionalista Galego tivo a oportunidade de explicarlles aos futuros profesionais da tradución e a interpretación cal é a política lingüística das institucións europeas e como se traballa no Parlamento Europeo, unha institución na que ela, unha auténtica políglota con soltura para manexarse en diferentes idiomas –alemán, inglés e francés, ademais de galego, portugués e castelán-, se move como peixe na auga.

luns 13 de novembro de 2017

O Kaleido Universidade perdeu como visitante por 54-30

Balance da temporada do equipo de carreiras de orientación

Unha das probas deste ano do equipo de carreiras de orientación

O primeiro derbi universitario da temporada na División de Honra B do rugby nacional decantouse polo lado local. O Campus Ourense Coosur impúxose por 54-30 ao Kaleido Universidade de Vigo nun encontro ao que os vigueses chegaron con sete baixas importantes. Esta fin de semana rematou tamén a liga galega de Orientación e o equipo universitario bota a vista atrás para facer balance do ano 2017.

venres 10 de novembro de 2017

Tras o éxito acadado nas dúas edicións anteriores, será do 1 ao 3 de decembro no edificio Cambón

Ofértanse 40 prazas e a inscrición, aberta ata o 20 de novembro, é totalmente gratuíta

Cartel desta edición do 3DS Vigo Mar

Tras o éxito das dúas edicións anteriores, a última hai dous anos celebrada na illa de San Simón, retorna a Vigo 3 Day Startup, unha oportunidade para todos aquelas mozas e mozos con ideas emprendedoras que queiran pór en marcha unha iniciativa emprendora ou, simplemente, reforzar as súas competencias profesionais á hora de iniciar o difícil camiño da inserción laboral. A cita será nesta ocasión no centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia no edificio Cambón do 1 ao 3 decembro, tres días nos que terán a oportunidade de vivir en primeira persoa todo o proceso de xeración dun proxecto empresarial, desde o nacemento da idea ata o contacto real co mercado e a presentación ante posibles investidores.

venres 10 de novembro de 2017

A Universidade e a Fundación Laxeiro organizan un curso sobre sexualidade e creación artística

A actividade pretende rachar cos modelos patriarcais da produción cultural

A Universidade e a Fundación Laxeiro organizan un curso sobre sexualidade e creación artística

“A arte pode amosar condutas e aspectos sexuais e, polo tanto, revelar os presupostos ideolóxicos e culturais en que se basean”. Esta é a base sobre a que se asenta o curso A arte do sexo: sexualidade, creación e xénero segundo o seu coordinador e profesor de Belas Artes Ignacio Pérez-Jofre. A actividade, organizada pola Unidade de Igualdade, terá lugar na Fundación Laxeiro entre os días 13 e 15 deste mes, e está dirixida tanto a creadores e creadoras como a estudantes e profesorado dos eidos artísticos, especialmente aos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, así como público en xeral interesado na arte ou na igualdade de xénero.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal