Campus de Vigo

martes 24 de abril de 2018

As 54 vacantes rexístranse nos sectores PDI-A con 32 e Estudantes con 22

O novo Claustro estará integrado por 197 membros

Fisioterapia e a EU de Estudos Empresarias, sen representantes do PDI-A e Estudantes

Un intre das votacións celebradas onte

Un total de 197 representantes dos sectores PDI-A, PDI-B, Estudantes e PAS integrarán o novo Claustro da Universidade de Vigo. Destas 197 persoas, ás que sumarán o novo reitor, o secretario xeral e a ou o xerente, 114 foron elixidas nas últimas horas nas urnas e proclamadas provisionalmente e outras 83 proceden de centros dos tres campus nos que non foi preciso realizar eleccións, ao haber menos candidatas e candidatos que claustrais a elixir. Tanto o PAS e o PDI-B cubriron todas as prazas que lles corresponden no máximo órgano de representación e control da comunidade universitaria.

martes 24 de abril de 2018

Salustiano Mato e Mª Teresa Fernández de la Vega rubricaron o acordo este martes

A Universidade asina un convenio coa Fundación Mulleres por África que traerá a Vigo a estudantes de posgrao africanas

O reitor en funcións felicitou ao seu sucesor, Pachi Reigosa, e desexoulle "a mellor das sortes"

Mª Teresa Fernández de la Vega e Salustiano Mato tras a sinatura do acordo

A presidenta da Fundación Mulleres por África, FMxA, e exvicepresidenta do Goberno Mª Teresa Fernández de la Vega, e o reitor en funcións da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron este martes dous convenios de colaboración que facilitarán a chegada a Vigo de estudantes africanas para realizar nesta institución académica os seus estudos de posgrao. É a primeira medida dun acordo xeral que ten por obxecto contribuír a mellorar o desenvolvemento de África e realizar esforzos conxuntos para o deseño e implementación de proxectos e programas destinados a potenciar o empoderamento das mulleres africanas a través de programas de formación, educación, comunicación, emprendemento, ciencia e investigación.

martes 24 de abril de 2018

Adrián Pérez, campión en 100 metros lisos, Jean Marie Okutu en salto de lonxitude e Alexis Rosa en -81kg

Vigo acada tres ouros e unha prata nos campionatos de España universitarios de atletismo e judo

Os deportistas da institución tamén se proclamaron campións no Galego Universitario de Orientación

Adrián Pérez, ouro nos 100 metros lisos

O deporte universitario segue sumando éxitos nesta temporada. Os campionato de España universitarios deixaron esta fin de semana varias medallas de ouro e bronce nos CEU de atletismo e judo e no galego de orientación, no que o combinado vigués tamén se impuxo como mellor equipo galego. En concreto o equipo de atletismo da Universidade de Vigo acadou dous ouros e unha prata no campionato celebrado esta fin de semana en Andújar, organizado pola Universidade de Jaén.

luns 23 de abril de 2018

O candidato de H2040 acadou o apoio maioritario entre todos os sectores

Pachi Reigosa é elixido reitor da Universidade de Vigo con máis do 57% dos votos

Pola súa banda, Emilio Fernández recibiu a confianza do 42% da comunidade universitaria

Pachi Reigosa acompañado por parte do seu equipo tras coñecer os resultados

Aínda que non foi ata pasadas as 22.00 horas cando se finalizou o escrutinio de todos os votos emitidos ao longo da xornada electoral, un total de 4477, eran pouco máis das 20:30 horas cando o candidato de H2040, Pachi Reigosa, valoraba a súa elección como sexto reitor da Universidade de Vigo. Tras un reconto no que en todo momento se situou por diante do candidato de Ideas que suman, Emilio Fernández, o catedrático de Fisioloxía Vexetal acadou o 57% dos votos, fronte o 42% do seu rival. “Entendo este resultado non tanto como un refrendo persoal cara o noso equipo, senón como un anhelo de cambio de rumbo dentro da Universidade e estou realmente satisfeito porque todos os sectores nos teñan apoiado e apostasen por nós como esa ferramenta do cambio”, asegurou Reigosa.

luns 23 de abril de 2018

Os candidatos a reitor chaman á participación da comunidade universitaria

Voto a voto, a Universidade máis preto de elixir novo reitor e Claustro

As mesas pecharán ás 19.00 horas e o escrutinio coñecerase en tempo real

Xornada electoral na EE Industrial

Ás 10.00 horas abrían as 24 mesas electorais nas que, os máis de 20.200 integrantes da comunidade universitaria con dereito a voto, poden exercer o seu dereito para elixir a quen será o sexto reitor da Universidade de Vigo, así como o novo Claustro. A falta de sobres para o PAS rexistrada nun centro e que foi arranxada coa reposición dos mesmos antes do inicio da votación, foi a única incidencia que se produciu ata o momento nunha xornada electoral que se prolongará ata as 19.00 horas. A partir de aí procederase ao reconto e ponderación dos votos, un proceso que poderá seguirse en tempo real a través dunha aplicación á que se pode acceder na páxina web especialmente desenvolvida pola Universidade para este proceso electoral.

luns 23 de abril de 2018

Cun tempo de 00:30:56 e 00:35:06, respectivamente, gañaron a 12ª edición da HappyGoRunning

Iván Roade e Ester Navarrete coróanse no podio máis feliz

Carlos Porto do campus de Vigo e Aida Martínez de Ourense venceron na Carreira Interuniversitaria contra a Droga

Momento da saída da carreira de 10 km

30 minutos e 56 segundos investiu Iván Roade en percorrer os 10 quilómetros da HappyGoRunning-Cidade Universitaria, proclamándose gañador da proba celebrada este domingo e superando en tan só un segundo ao segundo clasificado, Alejandro Rivera (00:30:57), mentres que o corredor do equipo do campus de Vigo Carlos Porto foi terceiro cun tempo de 00:32: 18. Pola súa banda, en categoría feminina Ester Navarrete volvía subir o máis alto do podio cun tempo de 00:35:06, seguida por Alice Finot (00:36:05) e Sandra Mosquera (00:36:25). Un total de 408 corredoras e corredores tomaron a saída ás 11 da mañá na proba raíña da competición organizada pola Universidade de Vigo e que este ano acadou a súa 12 ª edición.

venres 20 de abril de 2018

Esta experiencia interdisciplinar entre alumnado de distintas titulacións é única en España

O Congreso de Traballos Colaborativos chega á décima edición e suma a participación de máis de 1500 estudantes

A idea partiu da EE Industrial e Bioloxía, despois uníronse outros centros (CCXX e do Traballo, Económicas e FFT)

Un intre do congreso, celebrado no salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais

A idea partiu dos profesores da Escola de Enxeñería Industrial José Luis González Cespón e José Antonio Alonso Rodríguez e do seu convencemento de que as materias que imparten teñen que estar conectadas coa sociedade. Así xurdiu o Congreso de Traballos Colaborativos, unha experiencia interdisciplinar única en España na que estudantes e docentes de diferentes escolas e facultades do campus traballan nun proxecto en común, achegando cada un o coñecemento da súas respectivas especialidades e , unha vez finalizado o traballo, debe presentarse nunha cita organizada a modo de congreso profesional, coa participación de todos os centros implicados. Cada curso realízanse dous congresos, un en cada cuadrimestre, o último celebrouse hoxe venres e constituíu a décima edición dunha iniciativa na que xa participaron máis de 1500 estudantes.

venres 20 de abril de 2018

A Universidade comezará a implantar dúas titulacións en inglés no curso 2018/19

Vigo defende o seu modelo de acreditación lingüística do profesorado ante o sistema universitario español

Nas Xornadas da CRUE dedicadas a Internacionalización e Cooperación

A vicerreitora de Estudantes presentou modelo de acreditación da institución académica viguesa para o profesorado que desexa impartir as súas materias en inglés

A vicerreitora de Estudantes da Universidade de Vigo e coordinadora do Documento marco de política lingüística para a internacionalización do sistema universitario español, Dolores González, presentou nas últimas horas nas Xornadas da Conferencia de Reitores das Universidades Española dedicada á Internacionalización e Cooperación, o modelo de acreditación da institución académica viguesa para o profesorado que desexa impartir as súas materias en inglés.

venres 20 de abril de 2018

A HappyGoRunning-Cidade Universitaria celebra a súa 12ª edición

Máis de 600 persoas tomarán a saída este domingo na carreira da felicidade

100 delas participarán na andaina de 10 km e o resto nas probas de 6 ou 10 km

A HappyGoRunning-Cidade Universitaria celebra a súa 12ª edición

Felices por correr, felices por camiñar, felices por gañar, felices por participar... A carreira da felicidade, os 10 km Cidade Universitaria, regresa este domingo ao campus coa celebración da décimo segunda edición da proba. O prazo de inscrición pechouse este mércores e a organización avanza que serán 627 persoas as que tomarán a saída, 100 delas na andaina e o resto nas dúas distancias da carreira: 6,6 km e 10 km.

xoves 19 de abril de 2018

Un equipo da Ecimat traballa neste tema baixo o amparo do proxecto europeo Assemble+

A criopreservación podería supor toda unha revolución para a acuicultura

Investigan con especies que non se empregaron nunca neste tipo de experimentos: o mexillón e a ameixa

Equipo de criopreservación Foto: Pablo Heres

A criopreservación é a día de hoxe unha das técnicas máis aceptadas e con máis proxección de futuro para o mantemento a longo prazo de material biolóxico a temperaturas moi baixas, brindando a posibilidade de desconxelalo, e lograr que sobreviva aos procesos de conxelación e desconxelación. A aplicación destas técnicas de conservación de organismos podería ter límites insospeitados, sobre todo no futuro, tamén no campo da acuicultura, onde a súa aplicación podería supor toda unha revolución. Así o defende o equipo de especialistas que, liderados pola investigadora Estefanía Paredes, traballa desde a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat, na investigación de protocolos de criopreservación.

Seguinte | Última

1 de 500

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal