Alumnado

xoves 13 de decembro de 2007

Os estudantes despediron xuntos 2007

Os alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, festexaron ao longo da mañá un fin de ano anticipado co obxectivo de poder estar os estudantes xuntos nesta celebración. “Fixemos hoxe o fin de ano porque é o último día na facultade, mañá xa non hai clases, xa nos imos de vacacións, e ata xaneiro non nos volvemos a ver. Ata agora nunca celebramos xuntos o fin de ano, porque os estudantes van ás súas casas polo Nadal e non tivemos esa oportunidade, por iso decidimos empezar este ano a facelo antes de que finalicen as clases”, explicou unha das alumnas organizadoras da festa.

martes 27 de novembro de 2007

Por cada hora de estudo os patrocinadores destinarán un euro para financiar proxectos solidarios

Esta semana remata

Un ano máis as horas de estudio dos alumnos do campus convértense en euros para colaborar con proxectos humanitarios. A Olimpíada Solidaria, que así é coma se chama a iniciativa da ONG Coopera, consiste en rexistrar as horas de estudo nas zonas habilitadas e por cada unha delas, os patrocinadores doará un euro para a financiación de catro proxectos educativos en Guatemala, Haití, Xerusalén e o Congo.
O procedemento é moi sinxelo. Na Biblioteca Central e nas salas de estudo do edificio de Ferro, do Politécnico e do Xurídico Empresarial, os voluntarios explican a todos aqueles que acoden cos seus libros e apuntes como deben cubrir o cupón de tempo de estudo e depositalo na urna para o seu posterior rexistro. Así o esforzo dos alumnos non ten só repercusións académicas senón que tamén axuda á educación e formación doutros mozos e mozas da zona Sur do planeta.

mércores 21 de novembro de 2007

Organizado por alumnos da facultade

Arrecendo a castañas asadas e alumnos con vestimentas tradicionais marcaron a celebración dos magostos desenvolvidos pola organización de Santa Kata 2007- 2008 coa intención de recrear a verdadeira tradición e cultura do magosto galego. “As actividades organizadas van máis alá dunha simple colecta de cartos entre os alumnos e amigos da facultade, por iso buscamos a implicación e participación de estudantes e profesores, para poder facer unha boa representación desta festa popular”, explicou Patricia Dávila, alumna organizadora da festa.

venres 16 de novembro de 2007

A praza da Cidade Universitaria queda pequena para acoller aos centos de mozos que acudiron á festa

A celebración encheu a Praza Miralles A praza da Cidade Universitaria quedou pequena para acoller os centos de estudantes que este venres se achegaron ao campus de Vigo con motivo do San Teleco, un encontro que curso a curso se está a converter nun referente das festas universitarias. Música e troula, unidas ás excelentes condicións meteorolóxicas do día, garantiron a diversión a todos os que alí se achegaron. La Vaga Banda, wÖw, Nenö, Groove Addiccion e Kinki Regga foron os grupos encargados de pórlle música ao día.

 

xoves 15 de novembro de 2007

O magosto chega ao campus con cincuenta quilos de castañas

A praza Miralles será, un ano máis, o lugar de encontro de miles de estudantes que, co San Teleco abren a programación de festas e patróns deste curso 2007-2008.
Despois da experiencia conxunta do San Mineco no pasado ano, desta volta os alumnos da ETSE de Telecomunicación volven ás súas orixes cunha festa que xa arrancou o pasado 5 de novembro con diversos torneos deportivos, de cartas e virtuais. Na tarde deste xoves, a escola acolleu tamén o tradicional concurso de monólogos, no que tomaron parte estudantes de diferentes centros. Tamén nesta tarde do xoves, a Facultade de Filoloxía e Tradución foi escenario da celebración dun magosto no que se asaron cincuenta quilos de castañas.

martes 6 de novembro de 2007

Torneos e monólogos dentro do programa


San Teleco, patrón da E.T.S.E. de Telecomunicación, será festexado o próximo 16 de novembro, pero mentres non chega ese momento os alumnos poden ir quentando motores a través da participación en eventos deportivos, xogos de naipes, torneos virtuais ou o xa tradicional concurso de monólogos, que se celebrará o día previo á festividade. Deste xeito os que se atopen en plena forma terán a oportunidade de demostrar as súas cualidades en partidos de fútbol 7, fútbol sala e baloncesto 3*3, actividades que se desenvolverán nos campos de herba sintética e no pavillón polideportivo do campus.

mércores 31 de outubro de 2007

Dentro dos actos de celebración de S. Alberte

San Alberte, patrón das Facultades de Químicas, Ciencias do Mar e Bioloxía, será homenaxeado o 15 de novembro cunha serie de actos entre os que destaca unha conferencia sobre o presente e futuro da industria conserveira a cargo de Carlos Ruíz, representante da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO), e a celebración da cuarta edición do Concurso de Fotografía Biolóxica. O obxectivo deste certame aberto ós membros da comunidade universitaria é premiar instantáneas orixinais relacionadas con calquera aspecto da bioloxía, xa sexa en branco e negro ou en cor e tomadas con calquera técnica fotográfica.

mércores 31 de outubro de 2007

Aulas baleiras e manifestación, marcaron a xornada de paro

Manifestación en Ourense Mobilizacións e aulas baleiras marcaron a xornada de folga convocada para este mércores polos CAEF en contra da subida das taxas académicas. O respaldo á convocatoria foi masivo nos tres campus da Universidade de Vigo, segundo a valoración dos representantes do Comités Abertos de Escola e Facultade. A presenza dos estudantes nos centros foi moi reducida, con excepción das bibliotecas e algúns centros como a Facultade de Dereito no campus de Ourense.
O obxectivo desta folga, convocada nas tres universidades galegas, é denunciar a subidas das taxas de matrícula aprobada pola Xunta, que para os CAEF “é excesiva xa que está 2 puntos por riba do IPC galego”.

mércores 31 de outubro de 2007

Ante a delegación da Consellería de Educación

Decenas de estudantes manifestáronse pola subida das taxas

Manifestación en Ourense Mobilizacións e aulas baleiras marcaron a xornada de folga convocada para este mércores polos CAEF en contra da subida das taxas académicas. O respaldo á convocatoria foi masivo nos tres campus da Universidade de Vigo, segundo a valoración dos representantes do Comités Abertos de Escola e Facultade. A presenza dos estudantes nos centros foi moi reducida, con excepción das bibliotecas e algúns centros como a Facultade de Dereito no campus de Ourense.
O obxectivo desta folga, convocada nas tres universidades galegas, é denunciar a suba das taxas de matrícula aprobada pola Xunta, que para os CAEF “é excesiva xa que está 2 puntos por riba do IPC galego”.

mércores 31 de outubro de 2007

Os CAEF cifran nun 80% o seguimento do paro

Manifestación en Ourense Mobilizacións e aulas baleiras marcaron a xornada de folga convocada para este mércores polos CAEF en contra da subida das taxas académicas. Segundo Francisco Quintela, responsable dos CAEF en Vigo, “o seguimento foi bastante importante, en xeral sobre o 80%, aínda que algunhas facultades como Ciencias Económicas e Empresariais ou Filoloxía e Tradución cremos que chegou ao 100%”. Para Quintela “foi máis ou menos o que agardábamos pero agora o que queda é que o éxito desta convocatoria sirva para que os responsables actúen ao respecto”.

Primeira | Anterior | Seguinte | Última

165 de 166

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal