Alumnado

mércores 7 de febreiro de 2018

As probas, tanto teóricas como prácticas, centráronse en rochas, minerais, fósiles e mapas topográficos

O futuro das ciencias da terra reúnese no campus na fase provincial da Olimpíada de Xeoloxía

Participan 80 mozos e mozas de ESO e Bacharelato de sete institutos de Pontevedra

Participan 80 mozos e mozas de ESO e Bacharelato de sete institutos de Pontevedra

A composición química do xeso, as lavas ácidas dun volcán, o nome dos depósitos de sedimentos de orixe glaciar, a zona da península ibérica con maior risco sísmico ou cando tivo lugar a extinción dos dinosauros. Estas cuestións relacionadas coas ciencias da terra son un exemplo dos contidos que se inclúen nas probas da Olimpíada de Xeoloxía, que este mércores celebrou no campus de Vigo a súa fase provincial, coa participación dun total de 80 mozas e mozos de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato de sete institutos de Pontevedra.

mércores 7 de febreiro de 2018

A entidade explicou este mércores no campus as oportunidades que ofrece

Cruz Vermella busca voluntarios e voluntarias entre o alumnado

O seu obxectivo é atraer a estudantes de carreiras fóra do eido socioeducativo

A entidade explicou este mércores no campus as oportunidades que ofrece. Na imaxe Natalia Fernández e Isis Sanmartín

Cada curso académico, sexa mediante a realización de prácticas ou a iniciativa propia, alumnado do campus de Ourense participa en actividades de Cruz Vermella Ourense. A gran maioría destes estudantes proceden das titulacións da Facultade de Ciencias da Educación. Porén, a entidade quere tamén que o alumnado doutras carreiras, como Dereito, se animen a participar nas súas accións de voluntariado. Por este motivo, técnicas da entidade levaron a cabo este mércores unha acción de difusión no Edificio Xurídico-Empresarial.  

martes 6 de febreiro de 2018

Nunha feira que terá lugar na EE Forestal os días 1 e 2 de xuño

Doce centros de ensino levarán ás súas investigación ao campus en Pontenciencia 2018

500 estudantes e profesores participan nestes días nos coloquios que abren o programa

Un intre da presentación de proxectos na anterior edición de Pontenciencia

Doce centros de ensino de Pontevedra e preto de 500 estudantes e docentes participan desde a semana pasada nos coloquios formativos sobre o método científico que poñen inicio a unha nova edición de Pontenciencia, un programa promovido pola Concellería de Educación coa colaboración da Universidade de Vigo que levara aos alumnos e alumnas de Primaria a desenvolver unha serie de experimentos científicos que, os días 1 e 2 de xuño, defenderán diante dun comité científico integrado por profesorado do campus na Feira da Miniciencia, que terá lugar un ano máis na Escola de Enxeñaría Forestal. 

martes 6 de febreiro de 2018

A actividade desenvolverase do 9 ao 19 de febreiro

30 persoas percorrerán o sur de Italia na IX Viaxe de Estudos Arqueolóxicos

Pompeia e Nápoles serán dos dous enclaves que visitarán

A actividade está organizada polo Geaat e a Delegación de Alumnos de Historia. Na imaxe: Lucía Rodríguez e Juan Galiña

Desde o ano 2010 na Facultade de Historia do campus de Ourense o Entroido é unha cita relevante non só pola celebración desta festa senón tamén porque é o momento no que se celebra a viaxe de estudos arqueolóxicos que anualmente organizan o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio Geaat da Universidade de Vigo e a Delegación de Alumnos deste centro. Este ano serán 30 as persoas que durante 11 días percorrerán o sur de Italia co obxectivo de coñecer o seu patrimonio histórico.  

venres 2 de febreiro de 2018

Catro estudantes realizarán prácticas durante dous meses nesta institución

Alumnado de Dereito completa a súa formación na Subdelegación do Goberno en Ourense

Ao abeiro dun convenio con Administracións Públicas

Catro estudantes realizarán prácticas durante dous meses nesta institución

Catro estudantes de último curso da Facultade de Dereito do campus de Ourense realizarán durante dous meses prácticas externas na Subdelegación do Goberno en Ourense. O obxectivo desta iniciativa é completar a formación deste alumnado de cara á súa futura incorporación ao mundo laboral. A súa incorporación realízase no marco dun convenio asinado en 2015 entre a Universidade de Vigo e a Secretaría de Estado de Administracións Públicas.  

xoves 1 de febreiro de 2018

Bautizado como I Premio de Restauración Sostible de Espazos Mineiros

Enxeñaría de Minas e da Enerxía lanza un premio para potenciar a imaxe máis sostible da profesión

Reta ao alumnado, universitario e de ensino medio, a recuperar o espazo dunha canteira en desuso

Vista aérea da canteira de Richinol

É posible recuperar o espazo que deixa unha canteira en desuso? Podemos darlle algunha finalidade ao oco que deixa? Podemos integrala na contorna urbana ata convertela, por exemplo, nun lugar de lecer? Para dar reposta a estas cuestións a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía lanza o I Premio de Restauración Sostible de Espazos Mineiros, todo un reto para o alumnado de ensino medio e universitario.

mércores 31 de xaneiro de 2018

Este mércores celebráronse os actos de benvida ao novo estudantado en Vigo e Pontevedra

Récord histórico de alumnado estranxeiro na Universidade con 624 estudantes internacionais

As mulleres son maioría, Italia é o principal país de procedencia e Filoloxía e Tradución o centro máis demandado

Imaxe xeral do acto de benvida celebrado no campus de Vigo

624 estudantes internacionais completaran os seus estudos durante este curso 2017-2018 na Universidade de Vigo, o que supón un récord histórico de recepción de alumnado estranxeiro. Son 388 mozas e 236 mozos de 38 nacionalidades, maioritariamente europeos pero procedentes tamén de países como Estados Unidos, Arxentina, Australia, México, Corea do Sur ou Kazajistán. Destes máis de 600 estudantes, 87 optaron por solicitar unha estadía anual nalgún dos tres campus da Universidade, 262 fixérono no primeiro cuadrimestre e 275 comezan estes días o segundo cuadrimestre. Onte martes déuselle a benvida aos que elixiron Ourense como destino e hoxe mércores os actos de recepción, nos que participaron responsables de diferentes servizos e oficinas, trasladáronse a Pontevedra e Vigo.

martes 30 de xaneiro de 2018

Este martes celebrouse o acto de benvida ao alumnado de intercambio

25 estudantes estranxeiros incorpóranse este cuadrimestre ao campus

Ciencias Empresariais e Turismo é o centro máis internacionalizado

Este martes celebrouse o acto de benvida ao alumnado de intercambio

Co segundo cuadrimestre xa en marcha o campus de Ourense celebrou este martes o acto de benvida ao alumnado estranxeiro que este cuadrimestre realizará estudos nalgún dos seus centros ao abeiro dalgunha das iniciativas de mobilidade internacional nas que participa a Universidade de Vigo. Trátase de 25 estudantes que, sumados aos 21 que estiveron no primeiro cuadrimestre e aos tres que están durante todo o curso, compoñen a faciana máis internacional das facultades e escolas do campus. 

mércores 24 de xaneiro de 2018

Este mércores celebrouse unha presentación da convocatoria deste curso

Os Premios Incuvi-Emprende amosan no campus as ventás de oportunidade que abren a alumnado e egresados

En Ourense poden beneficiarse desta iniciativa catro proxectos

Este mércores celebrouse unha presentación da convocatoria deste curso

Ata o día 31 de xaneiro está aberto o prazo de presentación da sétima edición dos Premios Incuvi-Emprende da Universidade de Vigo, destinados a fomentar o espírito emprendedor entre alumnado e persoas egresadas. Para dar a coñecer as características desta iniciativa, que beneficiará a catro proxectos no campus de Ourense, dous no de Pontevedra e seis no de Vigo, este mércores celebrouse unha sesión informativa no edificio Politécnico.  

mércores 24 de xaneiro de 2018

Coa celebración da 4ª edición da Competición de Robots que organiza o centro

Os robots volverán ‘invadir’ a Escola de Enxeñería Industrial o 4 de maio

O alumnado que queira presentar o seu propio droide, deberá inscribirse antes do 29 deste mes

Participantes na pasada edición da Competición de Robots

Wall-E e R2D2 son dous dos droides máis coñecidos e queridos da ficción cinematográfica e dan nome ás dúas categorías da Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial, que este curso chega á súa cuarta edición. O concurso, destinado a estudantes tanto do ensino secundario como superior, pretende que as e os participantes deseñen e constrúan os seus propios robots que, o día 4 de maio, medirán as súas forzas no campus. O prazo para inscribirse en calquera das dúas modalidades remata o vindeiro luns 29 de xaneiro.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal