Actividades Académicas

luns 1 de outubro de 2007

Curso en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Presente e futuro dos fondos e plans de pensións

Desenvolverase ao longo de toda a semana

Os recentes cambios na lexislación sobre os fondos e plans de pensións, fan necesaria unha actualización dos coñecementos neste ámbito. Con este obxectivo de renovación, a Universidade de Vigo en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo organiza estes días un seminario que se desenvolve no Centro Social Caixanova.

luns 1 de outubro de 2007

Organizadas pola Asociación Universitaria, Syme

As I Xornadas de Medio Ambiente e Dereito Ambiental poñen punto de saída a un ambicioso proxecto para converter ao Campus de Ourense nun referente ecolóxico

Ao carón doutras actividades e plan deseñados pola Universidade para os tres campus

Está en boca de todos, o medio natural corre grave perigo. Por sorte, colectivos da sociedade seguen a pular por mudar esta traxectoria fatal. É o caso da asociación medioambiental Syme, que, en forma de información e con conferenciantes de elevado prestixio, levará a cabo a primeira edición dun seminario centrado na relación existente entre natureza e lexislación.
Un esforzo no que conta co apoio incondicional da Vicerreitoría do Campus de Ourense, lista para dar comezo a outras accións e proxectos co fin de preservar os espazos verdes e converterse nun exemplo de utlización de novas enerxías.

venres 28 de setembro de 2007

No XI Congreso sobre Actividade Física para Maiores

Pontevedra converterase en punto de referencia a nivel internacional en materia de deporte e terceira idade

A partir do vindeiro 18 de outubre, Pontevedra converterase en sede do XI Congreso Internacional sobre Actividade Física, Promoción da Saúde e Envellecemento. O simposio ten, entre os seus obxectivos, promover o intercambio de experiencias, investigacións e estudos relacionados coa práctica do deporte na terceira idade.

xoves 27 de setembro de 2007

A través da Campaña de Conducción Eficiente da Axencia da Enerxía de Vigo

Varios universitarios coñeceron as vantaxes da conducción económica

É máis comfortable, diminúe os contaminantes e aforra combustible

Optar polas marchas longas, renegar do punto morto ou facer o cambio antes de chegar á liña vermella, son algunhas das técnicas que impartiu o biólogo, Damián Cuadrado, a un grupo de estudantes co fin de introducilos nunha conducción máis eficiente. E é que está nos nosos pés reducir o 29% das emisións de CO2 que constitúen os medios de transporte. Se todos os usuarios fixeran caso desta campaña, os expertos aseguran que o aforro alcanzado permitiría plantar 48 millóns de árbores e circular gratis a 2,6 millóns automóbiles en España.

xoves 27 de setembro de 2007

A Área de Normalización Lingüística abre o prazo de matrícula para os cursos de formación en lingua galega

A oferta comprende seis modalidades de nivel inicial, intermedio e específicos

A Área de Normalización Lingüística organiza neste primiero cuadrimestre seis cursos de formación en lingua galega. De nivel incial, intermedio e específicos, a matrícula estará aberta ata o vindeiro 11 de setembro. A oferta comprende cursos de redacción de textos en galego, de extensión cultural, de comunicación oral ou de galego científico-técnico. A solicitude debe formalizarse a través da plataforma Bubela.

martes 25 de setembro de 2007

Inicio das clases do ano académico 2007-2008

Caras novas e vellos coñecidos no comezo do curso

Estudantes nas cafeterías A vida volve aos tres campus da Universidade de Vigo co comezo das clases. Os novos estudantes, que se estrean na andaina universitaria, coincidiron cos alumnos de cursos superiores no primeiro día de docencia do curso 2007-2008. O ano académico iníciase con importantes novidades nas infraestruturas da institución. No campus de Vigo está previsto o remate das obras do Módulo Tecnolóxico Industrial de CITEXVI, así como a resolución do concurso do proxecto de Vías Elevadas. Antes do remate do primeiro cuadrimestre será inaugurado o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, CITI, no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense, centrado na investigación agroalimentaria. En Pontevedra, o edificio de Ciencias da Educación e do Deporte entrará na terceira fase coas obras do módulo de departamentos e laboratorios e os vestiarios.

O curso comeza con importantes novidades no eido das infraestruturas

martes 25 de setembro de 2007

Co apoio do conselleiro, Manuel Vázquez, e o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez

O POP de Dereito Urbanístico e Medio Ambiente foi inaugurado

Coa presenza dun grupo heteroxéneo de estudantes e o coordinador, Roberto Bustillo

Ideado pola decana da facultade de Dereito, Inés Iglesias, e apoiado, entre outras institucións, pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e o seu conselleiro, Manuel Vázquez, o Máster en Dereito Urbanístico e Medio Ambiente comezou onte a súa andaina cunha presentación pública na que interviñeron os principais responsables e colaboradores.
Pola súa banda, o coordinador do POP, Roberto Bustillo, orientou a súa intervención de cara aos estudantes alí presentes. Un grupo heteroxéneo formado por unha maioría de licenciados en dereito ao carón de arquitectos, enxeñeiros, economistas...

Primeira | Anterior

284 de 284

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal