Actividades Académicas

martes 17 de abril de 2018

Nunhas xornadas que se celebrarán este mércores en Vigo e o día 26 en Ourense

Especialistas de España e Italia debaterán sobre a muller no proceso xudicial

Prestarase especial atención a casos de violencia de xénero e abuso sexual

Nunhas xornadas que se celebrarán este mércores en Vigo e o día 26 en Ourense

Investigadoras e investigadores de España e Italia participan este mes na I Jornada Mujer y Proceso, unha iniciativa impulsada conxuntamente polas facultades de Ciencias Xurídicas e do Traballo de Vigo e de Dereito de Ourense. Deste xeito, as xornadas desenvolveranse en dúas sedes, arrancando este mércores 18 en Vigo e trasladándose o día 26 deste mes á cidade das Burgas. Detrás deste programa formativo están as profesoras Inés C. Iglesias e María José Bravo Bosch, que destacan que se trata dunha xornada que ten como obxectivo efectuar un estudo sobre as liñas definidoras e a ampla problemática que afecta a esta temática dende unha perspectiva xurídica e psicosocial.

luns 16 de abril de 2018

Profesorado turco e polaco participa, do 24 a 26 de abril, na International Week desta facultade

CCSS e da Comunicación dótase dunha semana internacional

A iniciativa insírese no plan de internacionalización do grao en Dirección e Xestión Pública

Profesorado turco e polaco participa, do 24 a 26 de abril, na International Week desta facultade

O pasado venres, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebraba a clausura da súa xa tradicional International Week, unha semana que permite ao seu alumnado compartir actividades académicas e culturais con estudantes e profesorado estranxeiro. Con este evento como exemplo e como unha das medidas inseridas no plan de internacionalización do grao en Dirección e Xestión Pública, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación impulsa neste mes de abril a súa propia International Week.

luns 16 de abril de 2018

Dentro da estratexia de crecemento azul, está impulso polo Porto de Vigo en colaboración coa Universidade

Un programa formativo actualizará as competencias dos profesionais do sector marítimo-pesqueiro

O reitor destaca a necesidade de reciclar coñecemento para anticiparse ás novas tendencias profesionais

O acto de presentación tivo lugar esta mañá na Autoridade Portuaria de Vigo

Industria 4.0, novas tecnoloxías, cambio climático… son moitos os retos de futuro que poden afectar ao traballo que desenvolven os profesionais do eido marítimo e pesqueiro. Para actualizar e mellorar as súas competencias, a Autoridade Portuaria de Vigo presentou este luns un proxecto formativo que contempla diferentes cursos de balde para que as e os profesionais poidan renovar os seus coñecementos en relación aos cambios sociais, ambientais, tecnolóxicos e industriais. Nesta iniciativa, o Porto de Vigo conta co apoio da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e o Campus do Mar.

venres 13 de abril de 2018

O centro acolle deste este venres un curso sobre o tratamento da síndrome da dor miofascial

Estudantes e profesionais afondan en Fisioterapia na detección dos puntos de orixe da dor

Coas súas 24 prazas cubertas, este seminario é impartido polo fisioterapeuta Guillermo Bilbao

O centro acolle deste este venres un curso sobre o tratamento da síndrome da dor miofascial

Aprender a detectar e actuar sobre os chamados puntos gatillo, as zonas de máxima tensión dun músculo que en ocasións son tamén o foco de orixe de diversas molestias no sistema musculo-esquelético, próximas ou non a ese punto, é o propósito central dun curso que desde a tarde deste venres reúne a 24 estudantes e profesionais na Facultade de Fisioterapia. Dirixido polo profesor Gustavo Rodríguez e impartido polo fisioterapeuta Guillermo Bilbao, o IV Curso sobre tratamento conservador da síndrome miofascial desenvólvese neste centro nas xornadas de venres, sábado e domingo.

 

venres 13 de abril de 2018

Preto de 30 estudantes desta titulación visitaron o Valedor do Pobo e o Parlamento

Alumnado de Dirección e Xestión Pública achégase ao día a día das institucións autonómicas

Na cámara, mantiveron un coloquio con deputados de tres grupos parlamentarios

O alumnado, no hemiciclo da cámara autonómica. Foto: Parlamento de Galicia

Coñecer as funcións e o funcionamento das principais institucións da comunidade autónoma é un dos obxectivos da materia Sistema político español e galego, do grao en Dirección e Xestión Pública. Por iso entre os seus contidos figura cada ano a visita que preto de 30 alumnos e alumnas veñen de realizar, xunto co profesor da materia, Álvaro Xosé López Mira, tanto ao Parlamento de Galicia como a sede do Valedor do Pobo. Na cámara autonómica, o estudantado puido intercambiar impresións con deputados de tres dos grupos parlamentares nun coloquio no propio hemiciclo.

venres 13 de abril de 2018

A Delegación de Alumnos da Facultade de Historia organiza unha nova edición destas xornadas

Sexto capítulo de 'Cando Mario coñeceu a Clío'

Será os días 18 e 19 de abril

A Delegación de Alumnos da Facultade de Historia organiza unha nova edición destas xornadas

Entre as actividades que cada curso organiza o alumnado do campus de Ourense están as Xornadas Cando Mario coñeceu a Clío..., postas en marcha pola Delegación de Alumnos da Facultade de Historia coa colaboración do seu centro e da publicación El Octavo Historiador, feita por egresados e egresadas desta facultade. Os días 18 e 19 de abril celebrarase a sexta edición dunha iniciativa que trata cada ano de fomentar o achegamento á historia desde un punto de vista diferente.

venres 13 de abril de 2018

Este venres clausurouse unha nova edición do curso de Afaor centrado nesta temática

20 novos estudantes formados para facer intervención socioeducativa con pacientes de alzhéimer

As entidades organizadoras amosaron o seu desexo de darlle continuidade á iniciativa

Este venres clausurouse unha nova edición do curso de Afaor centrado nesta temática

Este venres pechouse unha nova edición, a sexta, do Curso de Intervención Socioeducativa con Persoas Afectadas de Alzhéimer, unha iniciativa da Asociación de Alzhéimer de Ourense (Afaor) realizada co apoio da Fundación Dorzán, a Vicerreitoría do campus e a Facultade de Ciencias da Educación. Unha vintena de estudantes deste centro remataron un curso de formación especializada nun eido que, nunha das provincias, como é Ourense, e das comunidades autónomas, como é Galicia, máis envellecidas de Europa, demanda cada vez máis profesionais capacitados. 

xoves 12 de abril de 2018

O campus acolleu este xoves os II Encontros de Educación dende o Compromiso co Territorio

O obxectivo, crer e crear un futuro mellor para o rural

Coa participación de arredor de 400 estudantes universitarios e do CIFP Portovello

O campus acolleu este xoves os II Encontros de Educación dende o Compromiso co Territorio

A Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense acolleu este xoves os II Encontros de Educación dende o Compromiso co Territorio. Achegamento ás Experiencias de Desenvolvemento Rural, organizados por este centro xunto ao CIFP Portovello de Ourense. A cita reuniu a arredor de 400 inscritos e inscritas dos dous centros para estreitar lazos, para intercambiar perspectivas e sobre todo para que coñeceran a realidade e experiencias de éxito de desenvolvemento educativo no rural. 

xoves 12 de abril de 2018

A docente da Aston University Olga Castro ofreceu un relatorio en Filoloxía e Tradución

Unha experta internacional explica como a tradución se pode converter nunha aliada do activismo feminista

Subliñou que os diálogos transnacionais axudan a evitar as prácticas excluíntes do feminismo occidental

Olga Castro, profesora da Aston University,en Birmingham, impartiu a conferencia sobre o papel da tradución no activismo feminista

A tradución, que nun mundo globalizado desempeña un papel fundamental na mediación cultural, é un aliado tamén do feminismo. Con esta premisa, Olga Castro, profesora titular e xefa da sección de Translation Studies na Aston University, en Birmingham, explicou o poder transformador desta disciplina na busca da igualdade entre homes e mulleres nunha conferencia impartida no salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución este xoves. O relatorio encádrase nas actividades do programa de doutoramento Tradución e Paratradución, do que a poñente foi unha das súas primeiras alumnas. 

mércores 11 de abril de 2018

Nunha mesa redonda celebrada este mércores

Egresadas e egresados de Ciencias volven ao centro para orientar ao alumnado no seu futuro profesional

Os estudantes presentes puideron coñecer seis casos diferentes

O centro celebrou este mércores unha mesa redonda con este obxectivo

A Facultade de Ciencias do campus de Ourense organizou este mércores, por segundo ano consecutivo, unha mesa redonda na que egresadas e egresados do centro volveron ás súas aulas para contar ao alumnado que agora se está formando nelas as súas experiencias profesionais unha vez remataron os seus estudos. O obxectivo da iniciativa foi motivar aos estudantes sobre o seu futuro profesional e axudar a orientalos dándolle a oportunidade de escoitar e falar con persoa que estiveron no seu lugar poucos anos atrás.  

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal