Deportes

luns 22 de xaneiro de 2018

A cita, que comprende tanto a proba de 10 km como a de 6,6 km e a andaina, celebrarase o 22 de abril

A carreira HappyGoRunning busca 50 voluntarios e voluntarias

Un euro de cada inscrición destinarase á Fundación Galega contra o Narcotráfico

Voluntarios e voluntarias na pasada edición da HappyGoRunning

A HappyGoRunning-Cidade Universitaria, a tradicional carreira de 10km que acolle o campus de Vigo, celebrará a súa duodécima edición o 22 de abril e, para que este evento teña o mesmo éxito ca nas pasadas convocatorias, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade fai un chamamento a aquelas persoas que estean interesadas en colaborar coa organización da proba. Secretaría, seguridade ou preparación do circuíto son algunhas das actividades que realizarán as e os voluntarios, labores que serán explicados nunha reunión previa na mesma semana da celebración do evento. 

luns 22 de xaneiro de 2018

Tanto a categoría feminina como a masculina gañaron os partidos disputados a fin de semana

Os equipos de baloncesto continúan sumando vitorias

O Campus Universitario Ourense Coosur perdeu contra o Avia Eibar Rugby

Tanto a categoría feminina como a masculina gañaron os partidos disputados a fin de semana

Os equipos de baloncesto do campus de Ourense continúan sumando bos resultados nas súas respectivas competicións. Mentres os xogadores se manteñen líderes e invictos na segunda división tras sumar unha nova vitoria fronte a PBB B, as xogadoras están empatadas co líder despois de gañar esta fin de semana ao Star Center Galicia. Pola contra, en rugby o Campus Universitario Ourense Coosur perdeu contra o Avia Eibar.  

martes 16 de xaneiro de 2018

A Área de Benestar, Saúde e Deporte mantén aberta a inscrición nos abonos para o segundo cuadrimestre

Diferentes opcións para iniciar o ano en movemento

Do 22 de xaneiro ao o 4 de febreiro a comunidade universitaria terá acceso gratuíto ás instalacións e actividades

Durante dúas semanas, poderase acceder de xeito gratuíto ás actividades dirixidas

A chegada dun novo ano e dun novo cuadrimestre constitúen tamén unha boa oportunidade para poñer en movemento á comunidade universitaria e, con ese propósito, a Área de Benestar, Saúde e Deporte mantén aberta a inscrición nos abonos que permiten, no campus pontevedrés, facer uso da sala de cardio-fitness do Pavillón Universitario e participar nas diferentes actividades dirixidas que promoven nestas instalacións. Co obxectivo de dar a coñecer os seus servizos, a área promove dúas semanas promocionais gratuítas, entre o vindeiro luns 22 e o 4 de febreiro, para toda a comunidade universitaria.

luns 15 de xaneiro de 2018

Aberta a inscrición para a segunda quenda do abono do programa Active Campus Europe

10 semanas para mellorar a condición física do alumnado máis sedentario

Duas participantes na primeira quenda do programa

Acadar que o alumnado que non realiza actividade física adopte un estilo de vida máis saudable, ademais de mellorar a súa condición física e a súa calidade de vida, son os obxectivos do programa Active Campus Europe, que promove a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, xunto con outras 15 institucións académicas europeas. Seguindo as recomendacións da Organización Mundial da Saúde, o programa persegue que cada unha e cada un dos participantes adquira o hábito de realizar un mínimo de 30 minutos de actividade física, cinco días á semana, ata acadar os 150 minutos semanais. 

luns 15 de xaneiro de 2018

Os xogadores de David Monreal continúan coa súa xeira de vitorias na casa

O equipo de rugby sitúase no quinto posto tras gañar ao Crat A Coruña

As categorías de baloncesto e fútbol gaélico tamén acadaron bos resultados a fin de semana

Os xogadores de David Monreal continúan coa súa xeira de vitorias na casa. Imaxe de arquivo do equipo ourensán

Foi unha fin de semana de bos resultados para os equipos deportivos do campus de Ourense. Tanto en rugby coma en baloncesto e fútbol gaélico os representantes universitarios sumaron puntos positivos nos encontros disputados. Unha vez máis o primeiro equipo de rugby acadou unha vitoria na casa, neste caso fronte ao Crat A Coruña, vitoria que o sube ao quinto posto do seu grupo.  

venres 12 de xaneiro de 2018

Este segundo cuadrimestre celebraranse nove sesións nos tres campus

A nova xeira dos Martes Saudables dedicará especial atención á nutrición

Unha vez máis o programa incidirá no fomento dos bos hábitos de vida

Alumna realizando unha proba nun dos postos dos Martes Saudables

Primeiro foi a enfermaría, logo o deporte e este cuadrimestre a temática elixida será a nutrición. Os postos dos Martes Saudables comezarán o 20 de febreiro a percorrer de novo os tres campus da Universidade de Vigo co obxectivo de fomentar entre alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos os bos hábitos nos diferentes aspectos da vida, desde a saúde física á emocional.

xoves 11 de xaneiro de 2018

Ao longo deste cuadrimestre desenvolveranse oito andainas pola xeografía galega

As rutas culturais arrancarán 2018 cun percorrido por Cuntis

Arredor de 80 persoas participarán na cita que terá lugar o día 20 de xaneiro

Arredor de 80 persoas participarán na cita que terá lugar o día 20 de xaneiro

“Unha ruta suave para baixar o turrón e comezar a coller o ritmo”. Con este lema preséntase a quinte ruta cultural da programación de andainas que este curso organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo. A cita, que terá lugar o día 20 de xaneiro, será a primeira de 2018 e a ela seguiranlle este cuadrimestre sete rutas máis por diferentes puntos da xeografía galega.

xoves 11 de xaneiro de 2018

A través dos abonos Muver e Ponte en forma tense acceso ás instalacións e ás actividades

Chan pelviano e defensa persoal feminina, novidades na programación deportiva para o segundo cuadrimestre

Ofértase unha quincena promocional de balde para probar as diferentes alternativas antes de inscribirse

A través dos abonos Muver e Ponte en forma tense acceso ás instalacións e ás actividades

Tras os excesos do Nadal é tempo de regresar á rutina e de retomar hábitos de vida saudables. Para iso, a Área de Benestar, Saúde e Deporte retoma tamén o seu pulo normal de actividades e abre a matrícula para a programación deportiva do segundo cuadrimestre, que comeza o vindeiro 22 de xaneiro. As dúas vías principais para a práctica deportiva no campus vigués seguirán a ser os abonos Muver e Ponte en Forma, a través dos que se artellan os accesos ás instalacións, a participación en actividades e os descontos en programas deportivos e lúdicos. As e os abonados a calquera destas dúas tarxetas teñen tamén acceso ás actividades dirixidas, que neste cuadrimestre inclúen como novidade chan pelviano e defensa persoal feminina.

luns 8 de xaneiro de 2018

A categoría feminina gañou por un axustado marcador e a masculina perdeu contra o favorito

O Auriense Fútbol Gaélico retoma a competición cunha vitoria e unha derrota ante Irmandinhos

Os encontros de rugby e baloncesto comezarán esta fin de semana

A categoría feminina gañou e a masculina perdeu

Tralo descanso de Nadal, as competicións deportivas nas que o campus de Ourense ten representación comezan a retomar a súa actividade. Os máis madrugadores foron os xogadores e xogadoras do Auriense Fútbol Gaélico, que o domingo 7 de xaneiro se desprazaron ao Campo Novo de A Estrada para xogar nun dobre enfrontamento co Irmandinhos.  

xoves 21 de decembro de 2017

A actividade desenvolverase do 26 ao 30 de decembro nas instalacións universitarias

O equipo de rugby organiza un Campus de Nadal para rapaces e rapazas

O deporte será un dos protagonistas da programación

A actividade desenvolverase do 26 ao 30 de decembro nas instalacións universitarias

Co dobre obxectivo de axudar á conciliación familiar e laboral e fomentar o deporte entre os nenos e nenas, o Campus Universitario Ourense Coosur de rugby organiza por segundo ano consecutivo o seu Campus de Nadal. Do 26 ao 30 de decembro, os rapaces e rapazas de 6 a 17 anos poderán participar dunha iniciativa na que o protagonista será a actividade deportiva pero na que tamén haberá inglés e obradoiros lúdicos.  

Seguinte | Última

1 de 147

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal