Cultura

luns 22 de xaneiro de 2018

Dúas estudantes de BBAA promoven unha exposición de traballos fotográficos de alumnado e egresados

Sete xeitos de entender a fotografía, reunidos na Casa das Campás

A mostra ‘Atelier f22’ poderá visitarse ata o 2 de febreiro

Sol Mussa Juane e Marta Pereira son as comisarias desta exposición

Da fotografía analóxica en branco e negro ao collage nacido do traballo con fotografías apropiadas, pasando por traballos de fotografía dixital ou por intervencións pictóricas sobre a imaxe. A expsoición Atelier f22 reúne deste este luns na Casa das Campás sete xeitos de abordar e traballar con esta técnica, pertencentes a sete artistas formados ou que se están a formar na Facultade de Belas Artes. Dúas alumnas deste centro, Sol Mussa Juane e Marta Pereira, son as comisarias dunha exposición que impulsaron como traballo para a materia Xestión, ámbitos artísticos e mundo profesional

venres 19 de xaneiro de 2018

Entre as novidades desta edición está un taller de técnicas de presentación persoal

Oito obradoiros e 169 prazas para formarse no segundo cuadrimestre

A programación combina novidades con propostas xa celebradas anteriormente con éxito

Entre as novidades desta edición está un taller de técnicas de presentación persoal

O segundo cuadrimestre está a piques de arrancar e con el ábrese unha nova xeira de obradoiros. Neles unha vez máis os membros da comunidade universitaria e cidadáns en xeral poderán formarse alén das aulas nun amplo abano de temas, desde a presentación persoal e a programación informática ata os riscos laborais ou a gaita galega. A programación deste segundo cuadrimestre oferta oito obradoiros, cunha media de 30 horas de formación cada un deles, e un total de 169 prazas.  

xoves 18 de xaneiro de 2018

Nun coloquio na EE Forestal, organizado xunto ao Programa Universitario para Maiores

A asociación DMD afonda no campus nas claves do testamento vital

O documento permite rexistrar a vontade dos pacientes sobre os tratamentos a recibir en estado terminal

Nun coloquio na EE Forestal, organizado xunto ao Programa Universitario para Maiores

No ano 2015, o pleno do Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a lei 5/2015 de dereitos e garantías das persoas enfermas terminais, no que se regula o dereito das persoas a deixar constancia no chamado documento de instrucións previas ou testamento vital cal é a súa vontade respecto das actuacións médicas que poderían realizarse no caso dunha enfermidade terminal, como manter a respiración asistida, alimentación a través dunha sonda nasogástrica... Co propósito de dar a coñecer este procedemento, a asociación Dereito a Morrer Dignamente protagonizou un coloquio na EE Forestal.

xoves 18 de xaneiro de 2018

O relatorio terá lugar o martes 23 de xaneiro na Escola de Enxeñería Industrial

Unha conferencia desvelará como construír unha réplica de R2D2 con material reciclado

Impartida polo creador dun destes robots, un rapaz de 15 anos membro do colectivo a Echo Base 28th Elite Forces

Eduardo Santos, á esquerda xunto co droide

En 2015, cando Eduardo Santos Pérez só tiña 15 anos, construíu con materiais totalmente reciclados unha réplica de R2D2, o compañeiro droide de Luke Skywalker na saga de películas da Guerra das Galaxias. Xunto co seu pai, Eduardo Santos Baldomir, este rapaz de Cambre forma parte de Echo Base 28th Elite Forces, unha asociación que dende o ano pasado vén desenvolvendo diferentes actividades que rodean o universo Star Wars. Unha das estrelas das súas actividades é o robot R2D2, que nos últimos dous anos percorreu escolas, institutos, hospitais e feiras tecnolóxicas por toda Galicia. Para explicar o proceso de construción deste droide, o vindeiro martes 23 de xaneiro, pai e fillo impartirán un relatorio na Escola de Enxeñería Industrial do campus de Vigo.

mércores 17 de xaneiro de 2018

O coro do campus busca novos integrantes

Na procura de novas voces para seguir crecendo

A formación está aberta á participación tanto da comunidade universitaria como de persoas alleas a esta

O coro, durante a súa actuación na XXVI Gala do Deporte da Universidade de Vigo

Tras meses de ensaios, o coro do campus de Pontevedra ofrecía en decembro no Museo de Pontevedra o seu primeiro concerto en solitario, un recital tralo que esta formación vén de retomar os seus ensaios, aos que busca sumar novas voces, tanto dos integrantes da comunidade universitaria como de persoas alleas a esta. Segundo explica o seu director, o profesor Marco Lucato, “as persoas interesadas, que non teñen porque ter coñecementos musicais, simplemente teñen que acudir para inscribirse a un dos ensaios” que cada luns e xoves se desenvolven nesta facultade. 

mércores 17 de xaneiro de 2018

Once proxeccións e dous relatorios conforman a programación de ‘Polas súas obras coñecerédelos’

Personaxes en conflito protagonizan o novo ciclo de cine da Vicerreitoría

Con entrada libre, a actividade arrinca este venres na Casa das Campás co filme ‘A forza do destino’

A proxección de 'A forza do destino' abre este ciclo o venres 19

Personaxes ás que os seus códigos éticos e morais lévanos a oporse a algo ou a alguén, personaxes enfrontadas ás normas e formas de proceder de colectivos ou comunidades, suxeitos inadaptados, que tratan de vivir á marxe das convencións sociais... As once películas de diferentes xéneros e épocas que integran o ciclo de cine de primavera da Vicerreitoría do campus, que dá comezo este venres, teñen o seu fío de unión “no suxeito cun conflito interno, nun suxeito enfrontado, que se rebela contra o establecido”.

luns 15 de xaneiro de 2018

A Vicerreitoría abre a inscrición en seis talleres, dirixidos a toda a cidadanía

Os obradoiros do campus renóvanse cun laboratorio creativo, ficción televisiva e arduino

Radio, escalada e locución audiovisual completan a oferta formativa para este cuadrimestre

Xa está aberta a inscrición nestes seis talleres

Concibidos como un xeito de complementar e ampliar a formación do alumnado do campus, pero abertos ao conxunto da cidadanía, o programa de obradoiros da Vicerreitoría para o segundo cuadrimestre combina novas propostas coa reedición dalgúns dos talleres máis demandados en anteriores convocatorias. Desde este luns permanece aberta a inscrición en seis obradoiros, entre os que se atopan cursos que permitirán reflexionar sobre series e outros formatos de ficción televisiva e sobre técnicas de produción artística, así como iniciarse na programación de placas de arduino.

xoves 11 de xaneiro de 2018

Os fondos reservados das bibliotecas inspiran 'The private case', a exposición de María Prada na Sala X

Dos libros dentro dos libros á sala dentro da sala

Partindo das ideas que centran a súa tese, a mostra aborda a relación entre representación e realidade

A investigadora e artista María Prada

The private case, o armario secreto, é o nome que recibe na British Library ese espazo que as principais bibliotecas destinan a aqueles fondos non accesibles ao público en xeral. Espazos que “xeralmente debido a súa delicada condición material”, manteñen un acceso reservado, como explica María Prada, quen tivo que visitar algúns deses espazos no marco da investigación que desenvolveu para a súa tese de doutoramento. A idea do libro dentro do libro e a presenza na Sala X dun espazo, dedicado ás videocreacións, que exerce á súa vez como sala dentro da sala serviron a esta investigadora como punto de partida para a exposición inaugurada este xoves.

martes 9 de xaneiro de 2018

Máis de 20 persoas participan na EE Forestal na aula permanente dedicada a instrumentos populares

A música tradicional espállase ao longo do curso

Ademais de formarse en diferentes instrumentos, traballan na definición dun repertorio para futuras actuacións

O salón de actos da EE Forestal acolle esta aula de música tradicional

Dando continuidade aos obradoiros de interpretación de instrumentos populares que a Vicerreitoría impulsara en anos anteriores, o campus conta desde comezos do presente curso cunha aula permanente de música tradicional no que a aprendizaxe de diferentes instrumentos populares esténdese ao longo de todo o curso. Faino tamén co maior número de estudantes, máis de 20, que ata o de agora lograra reunir esta actividade aberta ao conxunto da cidadanía no seu formato previo. 

martes 9 de xaneiro de 2018

As fotografías de cinco estudantes de BBAA reúnense nunha exposición na Casa das Campás

A Casa das Campás reúne cinco miradas a través da lente

Comisariada polos alumnos Paula García e David Abalo, poderá visitarse ata o mércores 17

As fotografías de cinco estudantes de BBAA reúnense nunha exposición na Casa das Campás

O uso da cámara como forma de expresión é o nexo de unión entre os cinco estudantes e egresados de Belas Artes presentes coas súas fotografías en A través da lente, a exposición colectiva comisariada por dous estudantes desta facultade, Paula García e David Abalo, que desde este martes pode visitarse na Casa das Campás. “Escollemos artistas que tratarán estilos e temáticas diferentes”, sinala García dunha exposición integrada por máis de 20 obras, que poderá visitarse na sede da Vicerreitoría do campus ata o vindeiro mércores 17.

Seguinte | Última

1 de 210

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal