Cultura

martes 12 de decembro de 2017

Alberto Ruiz de Samaniego é o comisario, xunto con José Manuel Mouriño, de ‘Los Archivos del Planeta’

Recolle, no Círculo de Bellas Artes de Madrid, 400 das máis de 70.000 imaxes que integran este fondo

Imaxe tomada por Frédéric Gadmer no Santo Sepulcro de Xerusalén, unha das seleccionadas para esta mostra. Imaxe: Musée départemental Albert-Kahn

Os Arquivos do Planeta, impulsados a principios do pasado século polo filántropo francés Albert Kahn, constitúen un atlas gráfico do mundo dirixido a deixar constancia do modo de vida, costumes, ritos e traballos das distintas sociedades e integrado por 72.000 documentos fotográficos e máis de 183.000 metros de película. Un arquivo que se exhibe por primeira vez en España no Círculo de Bellas Artes de Madrid, nunha exposición comisariada polo profesor da Facultade de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego, xunto ao investigador e cineasta José Manuel Mouriño.

martes 12 de decembro de 2017

O certame organizado pola vicerreitoría terá lugar o sábado 16 de decembro

A cita contará coa participación de catro agrupacións

O certame organizado pola vicerreitoría terá lugar o sábado 16 de decembro

Entre as citas culturais que xa son tradicionais nestas datas na cidade de Ourense está a celebración do Encontro Coral do Nadal, organizado polo Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum e a Vicerreitoría do Campus de Ourense. Nesta ocasión, a cita levará a compartir escenario coa agrupación universitaria a tres coros infantís de Ourense pertencentes ao Orfeón Unión Orensana, á Escola de Música de Barbadás e á Capela Madrigalista. A cita, aberta a todo o público interesado, será o 16 de decembro, ás 20.45 h, na Igrexa de Santo Domingo, na cidade de Ourense.  

luns 11 de decembro de 2017

Organizado pola Área de Normalización Lingüística

Durante os tres meses que durou a actividade visitaron varios lugares míticos de Galicia

Foto de familia realizada na taberna do Papuxa, en Ribadavia

Tres persoas chinesas, dúas alemás, unha estadounidense, unha cubana, unha finesa, unha francesa, dúas inglesas, unha polaca, unha ucraína e unha peruana. A Área de Normalización Lingüística volveu organizar un ano máis o Curso de Extensión Cultural de Lingua e Cultura Galegas, unha actividade que lle dá ao alumnado internacional a oportunidade de achegarse a Galicia, ás súas paisaxes e ás súas xentes. Arrancaron o pasado mes de setembro e rematan esta semana.

xoves 7 de decembro de 2017

A música entrelazarase coas intervencións de expertos na obra de Martin Codax

Artistas como Anxo Pintos ou Wöyza subirán ao escenario con Camiño Noia e Xosé Bieito Arias

A música da gaiteira entrelazarase coas intervencións de expertos na obra de Martin Codax. Foto: Xan Padrón

No concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que se celebrará o vindeiro 19 de decembro, os instrumentos musicais, as partituras e os acordes compartirán escena cos expertas e expertos no Pergamiño Vindel. O innovador espectáculo, que se desenvolverá a modo de “seminarración musicada”, integrará as intervencións de especialistas no obra de Martin Codax coa música de oito artistas e bandas, baixo da coordinación da gaiteira e pianista Cristina Pato, que exercerá de directora artística do concerto, que comezará ás 20.30 horas no Teatro Afundación de Vigo.

martes 5 de decembro de 2017

A Universidade únese a unha campaña de doazóns de xogos educativos e non bélicos

Coa instalación de nove puntos de recollida nos campus de Vigo e Pontevedra ata o día 15 de decembro

Xoguetes doados na cafetería Lamarita da Cidadade Universitaria para a campaña 'Cada neno un xoguete'

Todos os nenos e nenas teñen dereito a xogar, independentemente da súa situación económica ou social da súa contorna familiar. Así o entende a iniciativa solidaria Cada neno, un xoguete, que organiza a Asociación Stop e Iniciativa Local cada Nadal, co obxectivo de recoller xogos e bonecos para distribuílos, despois, entre os cativos e cativas que se atopen nunha situación de precariedade, de modo que ninguén quede sen agasallo nestas datas. A Universidade de Vigo, por cuarto ano consecutivo, alíase con esta campaña poñendo a disposición da comunidade universitaria diferentes espazos de recollida nos campus de Pontevedra e Vigo. Grazas a estas disposicións na Universidade, no 2016 reuniuse máis de 300 xoguetes.

venres 1 de decembro de 2017

Coa actuación da compañía Píscore, gañadores do Festiclown 2017, no Teatro Vidal Bolaño

A programación cultural do primeiro cuadrimestre pecharase o 19 de decembro co concerto de Nadal

A compañía Píscore representou este xoves o seu 'concerto singular' no Teatro Vidal Bolaño

‘Un concerto singular’ con moita música e humor. A comunidade universitaria que este xoves se achegou ao Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria viviu unha tarde diferente da man da compañía Píscore, unha formación que naceu hai pouco máis dun ano e que, tras percorrer auditorios, teatros e prazas de toda a xeografía galega, foi xa quen de facerse o pasado mes de agosto co Premio do Público Festiclown 2017. Tras a actuación no Vidal Bolaño de Píscore, a programación cultural de outono pecharase o vindeiro 19 de decembro co tradicional concerto de Nadal.

xoves 30 de novembro de 2017

Esta iniciativa está impulsada polas tres universidades galegas, nove concellos e a Deputación da Coruña

Busca incrementar o galego en Youtube a través de concursos, campañas de difusión e cursos de formación

Esta iniciativa está impulsada polas tres universidades galegas, nove concellos e a Deputación da Coruña

O proxecto Youtubeir@s, organizado polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas, nove concellos (A Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove) e a Deputación da Coruña, arranca coa súa segunda edición coa vontade de promover e darlle visibilidade ao uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado global: Youtube. A iniciativa pretende fomentar así a creatividade con temas propios e xerar referentes en galego dun novo axente con gran repercusión social dende o mundo dixital como son os e as youtubeiros.

mércores 29 de novembro de 2017

Como premio tras seren seleccionados nesta iniciativa do Servizo de Extensión Universitaria

Nun único día de traballo, Roi Grandío e Raúl Silva gravan, mesturan e masterizan as súas cancións

O grupo gañador do festival Ensaiamos Colleita grava unha maqueta en CCSS e da Comunicación

Foi hai pouco máis dun ano cando o programa Ensaiamos, que ofrece ao alumnado un espazo no que desenvolver os seus proxectos musicais no Teatro Vidal Bolaño do campus de Vigo, puxo en contacto a Manuel Naveira e Alejandro Solla con Cándido Otero e Manuel Castro, os catro integrantes do grupo Spleen que, en abril, lograban o primeiro premio do cuarto festival Ensaiamos Colleita. O seu galardón, a xornada de traballo intensivo que este mércores viven no estudio de CCSS e da Comunicación xunto ao alumno Roi Grandío e o técnico de son Raúl Silva.

mércores 29 de novembro de 2017

Organizado pola fundación CEER, celébrase este martes e mércores en Santiago de Compostela

Hoxe proxectaranse as curtas gañadoras do XV Premio de Creación Audiovisual da Universidade de Vigo

A dramatización do Cantar de Cego na praza de Mazarelos

Coa dramatización dun Cantar de Cego especialmente composto con motivo da chegada a Vigo do Pergamiño Vindel abriuse este martes a segunda edición do Encontro Eurorrexional Universitario de Artes Escénicas e Musicais que se celebra en Santiago. Esta iniciativa naceu en 2016 impulsada polas tres universidades galegas e as tres do norte de Portugal para crear un punto de encontro no que compartir a cultura e a actividade artística xerada nestas institucións. 

martes 28 de novembro de 2017

A profesora de Belas Artes Rosa Elvira Caamaño recompila 35 debuxos da súa traxectoria artística

A exposición pódese visitar no Concello de Vigo ata o mes de xaneiro

Autorretrato feito pola autora a partir dunha foto da súa nenez

A exposición pódese visitar no Concello de Vigo ata o mes de xaneiro
Máis de tres décadas adicadas ao debuxo dan para moito. Polo menos así o demostra Rosa Elvira Caamaño, profesora na Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra, quen presenta a exposición 30 anos de debuxo na que se recompilan 35 imaxes de toda a súa obra artística, e que se poderá visitar ata xaneiro na primeira planta do Concello de Vigo. 

Seguinte | Última

1 de 208

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal