Campus de Vigo

venres 19 de xaneiro de 2018

Asistiron á sesión 88 persoas, pero a normativa establece en 96 a maioría cualificada necesaria

Aprázase ata o mércores 24 a votación do anteproxecto de Estatutos

As urnas abríronse ás 10.30 horas e o texto recibiu o apoio do 90% das persoas asistentes

Imaxe da mesa do Claustro ao final da sesión

A aprobación dos Estatutos da Universidade de Vigo require o voto positivo dos dous terzos dos claustrais presentes, sempre que o número destes sexa igual ou superior á metade dos membros do Claustro. Do total dos claustrais, 192 na actualidade, asistiron á sesión 88 persoas. A ausencia de oito representantes impediu acadar o número preciso de asistentes para dar validez ao resultado da votación do proxecto de Estatutos da Universidade de Vigo e obriga á convocatoria dunha nova sesión extraordinaria o mércores 24 de xaneiro.

venres 19 de xaneiro de 2018

O rexedor municipal e o reitor asinaron un convenio marco de colaboración

A Universidade estreita lazos co Concello de Ponteareas

A institución colaborará, entre outras accións, na posta en marcha dun viveiro de empresas

Mato e Represas durante a sinatura do convenio marco

Promoción da cooperación e colaboración para o desenvolvemento científico e tecnolóxico, organización de actividades académicas como cursos ou simposios, intercambio de publicacións ou promoción de igualade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos da sociedade. Estas son algunhas das accións contempladas no convenio marco asinado este mediodía polo alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, nun acto celebrado no salón de plenos do concello do Tea.

venres 19 de xaneiro de 2018

Os investigadores Fran Ramil e Marta Gil describen catro novas especies destes animais mariños

Unha nova especie de hidrozoo para a avoa Leonisa

O descubrimento realizouse en colaboración co IEO, ao abeiro do proxecto EcoAfrik

Imaxe de 'Diphasia africana' e 'Diphasia digitalis'

Leonisa González nunca entendeu que a súa neta, Marta Gil, lle gustasen as Ciencias do Mar e moito menos que se dedicase, con gran devoción, ao estudo dos hidrozoos, non obstante, sempre a apoiou. Froito dese traballo, Marta, xunto ao docente e investigador do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo Fran Ramil, describiu catro novas especies de hidrozoos, que forman parte do filo dos Cnidarios, no que tamén se inclúen as anemones, corais e medusas, entre outros. Diphasia leonisae é a denominación da primeira especie nova que describiu Marta Gil, que non perdeu a oportunidade de dedicarlle o achado a súa avoa Leonisa, “que a segue a apoiar en todo canto está a facer”, sinala Ramil.

xoves 18 de xaneiro de 2018

Na sesión evidenciouse o elevado consenso conseguido pola comisión encargada da modificación do texto

A falta de quórum obriga a adiar ata mañá venres a votación do anteproxecto de Estatutos

As urnas abriranse ás 10.00 horas e será entón cando as/os claustrais poidan exercer o seu dereito a voto

O novo texto limitá a dous os mandatos de todos os cargos electos unipersoais

A falta de quórum obrigou este xoves a adiar a votación do texto íntegro do anteproxecto de Estatutos da Universidade de Vigo ata mañá venres. As urnas abriranse ás 10.00 horas e as e os claustrais poderán exercer o seu dereito a voto ata as 11.30 horas, tal e como explicou o reitor Salustiano Mato ao final dunha sesión extraordinaria do Claustro que se prolongou ata pasadas as tres da tarde e na que a comunidade universitaria tivo a oportunidade de debater e votar as emendas presentadas a un anteproxecto redactado por unha comisión plural creada exprofeso para a redacción dunha nova Carta Magna.

xoves 18 de xaneiro de 2018

O relatorio terá lugar o martes 23 de xaneiro na Escola de Enxeñería Industrial

Unha conferencia desvelará como construír unha réplica de R2D2 con material reciclado

Impartida polo creador dun destes robots, un rapaz de 15 anos membro do colectivo a Echo Base 28th Elite Forces

Eduardo Santos, á esquerda xunto co droide

En 2015, cando Eduardo Santos Pérez só tiña 15 anos, construíu con materiais totalmente reciclados unha réplica de R2D2, o compañeiro droide de Luke Skywalker na saga de películas da Guerra das Galaxias. Xunto co seu pai, Eduardo Santos Baldomir, este rapaz de Cambre forma parte de Echo Base 28th Elite Forces, unha asociación que dende o ano pasado vén desenvolvendo diferentes actividades que rodean o universo Star Wars. Unha das estrelas das súas actividades é o robot R2D2, que nos últimos dous anos percorreu escolas, institutos, hospitais e feiras tecnolóxicas por toda Galicia. Para explicar o proceso de construción deste droide, o vindeiro martes 23 de xaneiro, pai e fillo impartirán un relatorio na Escola de Enxeñería Industrial do campus de Vigo.

mércores 17 de xaneiro de 2018

Redactounos unha comisión integrada por 17 membros de todos os ámbitos académicos

O Claustro debate este xoves o anteproxecto dos cuartos Estatutos da Universidade de Vigo

Á adaptación legal á nova normativa súmanse outros cambios que tratan de mellorar o anterior texto

Roberto Bustillo, voceiro da comisión encargada da modificación dos Estatutos

En decembro de 2014 o Claustro decidiu pór en marcha a reforma dos actuais Estatutos para adaptalos á nova normativa legal. Unha vez posto en marcha o proceso nomeouse unha comisión, presidida polo reitor e integrada por 17membros de todos os ámbitos académicos, á que se lle encomendou a redacción dun anteproxecto. Foron algo máis de tres anos de intenso traballo e, tras un proceso de exposición pública, o novo documento xa está listo para ser defendido mañá xoves ante o Claustro nunha sesión extraordinaria na que se debaterán boa parte das 79 emendas presentadas por diversos membros e colectivos da Universidade con correccións, suxestións ou propostas de cambio nalgún dos puntos do seu articulado.

mércores 17 de xaneiro de 2018

A tese de Marta Román confirma que as concas máis poboadas rexistran cantidades maiores deste elemento

Un estudo analiza como afecta o exceso de nitróxeno procedente da actividade humana ás praderías mariñas galegas

As achegas excesivas de nutrientes acaban degradando os ecosistemas ou provocando incluso a súa desaparición

Estas achegas excesivas de nutrientes acaban degradando os ecosistemas e provocando en casos extremos a súa desaparición

A eutrofización é a acumulación de residuos orgánicos no litoral mariño, que causa unha fertilización excesiva e xera a proliferación de organismos fotosintéticos cuxa descomposición provoca déficit de osíxeno e incremento da turbidez. As consecuencias deste proceso pasan por unha redución da diversidade biolóxica e a degradación de ecosistemas como as praderías mariñas dos estuarios galegos. A tese de doutoramento de Marta Román, dirixida polos profesores Gonzalo Méndez e Emilio Fernández, céntrase precisamente en analizar os efectos ambientais do proceso de eutrofización, principalmente o impacto do nitróxeno, sobre este tipo de hábitats mariños. Os resultados confirman que as praderías das concas máis poboadas rexistran entradas maiores de nitróxeno.

martes 16 de xaneiro de 2018

Seleccionaranse as mellores propostas emprendedoras do alumnado

Amplíase ata o 31 de xaneiro o prazo de presentación de candidaturas aos premios Incuvi-Emprende

Os proxectos gañadores instalaranse nas preincubadoras de Vigo, Ourense e Pontevedra

Seleccionaranse os mellores proxectos emprendedores do alumnado para convertelos nunha realidade empresarial

O prazo de presentación de proxectos para a sétima edición dos Premios Incuvi-Emprende amplíase ata o día 31 deste mes de xaneiro. Deste xeito, estudantes e egresados recentes poderán entregar os seus proxectos emprendedores ao longo de todo este mes, co obxectivo de que as súas ideas ser tornen, tras un ano de traballo e formación, nun proxecto empresarial real.

martes 16 de xaneiro de 2018

Deseñado pola enxeñeira de Minas Carla Iglesias

Novo sistema de visión artificial capaz de clasificar as placas de lousa en función da súa calidade

Suporá importantes melloras para un sector industrial de grande importancia e tradición en Galicia

Carla Iglesias  desenvolve na súa tese de doutoramento este novo sistema de visión artificial

Os xacementos de lousa que predominan en Ourense e se estenden por Castela e León son de importancia mundial e fan que España sexa o principal produtor e exportador de lousa ornamental. Durante os últimos trinta anos, a evolución do sector foi constante e a día de hoxe a maior parte dos labores, tanto en mina como en nave, están mecanizados, todos salvo o labrado, selección e clasificación das placas, que se fan manualmente dende hai medio século. Ata o de agora non se dispoñía de ningunha tecnoloxía desenvolvida abondo como para poder levar a cabo estas tarefas de clasificación de xeito automático, algo ao que lle pon solución a tese de doutoramento da enxeñeira de Minas Carlas Iglesias.

luns 15 de xaneiro de 2018

Sesións informativas para a comunidade investigadora sobre as oportunidades de financiamento 2018-2020

Como podo conseguir fondos europeos H2020?

Segundo a Área Técnica de I+D+i as oportunidades de éxito multiplícanse con respecto a anos anteriores

A xornada deste luns tivo lugar na sala 1 do Edificio Miralles

 A Área Técnica de I+D+i está a levar a cabo en colaboración coas diferentes agrupacións estratéxicas da propia Universidade de Vigo unha serie de xornadas sobre as oportunidades de financiamento ás que pode optar a comunidade investigadora dentro do programa europeo Horizonte 2020. Centradas por ámbitos de especialización, este luns tivo lugar unha charla específica para as investigadoras e investigadores do ámbito mariño e mañá martes celebrarase outra centrada no reto NMBP (Novos materiais, tecnoloxías e industrias sostibles).

Seguinte | Última

1 de 500

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal