Campus de Ourense

martes 23 de xaneiro de 2018

Este martes presentáronse as dúas iniciativas froito dun convenio do Grupo Gen coa Deputación

A Rede Localis lanza o Observatorio Municipal Galego e o seu primeiro informe sectorial

O seu obxectivo é profundar no coñecemento da realidade do concellos

Este martes presentáronse as dúas iniciativas froito dun convenio do Grupo Gen coa Deputación

En febreiro de 2017 a Deputación Provincial de Ourense e o Grupo de Investigación Governance and Economics Research Network (Gen), a través da súa Asociación Gen+, asinaron un convenio de colaboración que tiña como obxectivo profundar no coñecemento da realidade do municipalismo. Froito dese acordo, este martes presentouse o Informe Rede Localis e o Observatorio Municipal Galego. 

martes 23 de xaneiro de 2018

O estudante Rafael Martín falou no campus da súa experiencia educativa e persoal neste centro

Unha lección de felicidade aprendida no orfanato de Kimbondo

Participa nun proxecto de Cooperación Internacional na República Democrática do Congo

O estudante Rafael Martín falou no campus da súa experiencia educativa e persoal neste centro. Na imaxe con Xosé Manuel Cid, Mª Victoria Carrera e Pablo Varela

Rafael Martín é estudante de Educación Primaria no campus de Pontevedra. Este martes achegouse á Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense para falar a alumnos e alumnas coma el dun proxecto “que lle cambiou a vida”. Trátase do traballo que realiza desde o pasado verán no orfanato de Kimbondo, na República Democrática do Congo. A alí volverá a finais de mes para continuar traballando para “axudar a darlle un futuro mellor” aos arredor de 600 nenos e nenas que viven nese centro.  

luns 22 de xaneiro de 2018

Este luns presentouse 'Mujer, Política e Igualdad. De las palabras a los hechos'

Un libro e 23 especialistas para evidenciar a desigualdade de xénero no estado contemporáneo

A amplo panel de temas abordados na obra abrangue desde cuestións históricas a laborais

Este luns presentouse o libro 'Mujer, Política e Igualdad. De las palabras a los hechos'

Plasmar como a igualdade formal entre homes e mulleres non se traduce nunha igualdade real entre homes e mulleres para avanzar na súa consecución. Con este reto, este luns presentouse na Facultade de Dereito do campus de Ourense o libro electrónico Mujer, Política e Igualdad. De las palabras a los hechos. Nel recóllense as actas das XII Xornadas Sociedade e Dereito, celebradas neste mesmo centro do 28 de marzo ao 5 de abril de 2016 coa participación de 23 especialistas do ámbito político, social, cultural e académico. 

luns 22 de xaneiro de 2018

Tanto a categoría feminina como a masculina gañaron os partidos disputados a fin de semana

Os equipos de baloncesto continúan sumando vitorias

O Campus Universitario Ourense Coosur perdeu contra o Avia Eibar Rugby

Tanto a categoría feminina como a masculina gañaron os partidos disputados a fin de semana

Os equipos de baloncesto do campus de Ourense continúan sumando bos resultados nas súas respectivas competicións. Mentres os xogadores se manteñen líderes e invictos na segunda división tras sumar unha nova vitoria fronte a PBB B, as xogadoras están empatadas co líder despois de gañar esta fin de semana ao Star Center Galicia. Pola contra, en rugby o Campus Universitario Ourense Coosur perdeu contra o Avia Eibar.  

venres 19 de xaneiro de 2018

A actividade é a primeira que se organiza no marco da rede Aqua-Cibus

Ciencias acollerá un ciclo de conferencias sobre acuicultura e toxinas

As sesións celebraranse os días 30 e 31 de xaneiro e 7 de febreiro

A actividade é a primeira que se organiza no marco da rede Aqua-Cibus

Recentemente o Cento de Investigacións Agro-Ambientais e Alimentarias (Cia3) da Universidade de Vigo, coordinado polo catedrático Jesús Simal, presentou a súa rede Aqua-Cibus, destinada a promover unha acuicultura de calidade, competitiva e sostible en Iberoamérica. A primeira actividade desta iniciativa, financiada polo Programa Iberoamericano de Ciencia y Tecnología para el Desarrollo Cyted, será a celebración dun ciclo de conferencias sobre acuicultura e toxinas. 

venres 19 de xaneiro de 2018

Entre as novidades desta edición está un taller de técnicas de presentación persoal

Oito obradoiros e 169 prazas para formarse no segundo cuadrimestre

A programación combina novidades con propostas xa celebradas anteriormente con éxito

Entre as novidades desta edición está un taller de técnicas de presentación persoal

O segundo cuadrimestre está a piques de arrancar e con el ábrese unha nova xeira de obradoiros. Neles unha vez máis os membros da comunidade universitaria e cidadáns en xeral poderán formarse alén das aulas nun amplo abano de temas, desde a presentación persoal e a programación informática ata os riscos laborais ou a gaita galega. A programación deste segundo cuadrimestre oferta oito obradoiros, cunha media de 30 horas de formación cada un deles, e un total de 169 prazas.  

xoves 18 de xaneiro de 2018

Unha publicación recolle a tese de doutoramento de Isaura das Dores Gomes de Sousa

Os “encantos” da lingua portuguesa e do seu ensino, en 1000 páxinas

A mestra xa xubilada explica a súa experiencia aplicando unha metodoloxía renovadora nas aulas

A obra recolle a tese de doutoramento de Isaura das Dores Gomes de Sousa

Encantos de uma Língua Falada e Escrita. Um Projecto de Investigação-Acção para o Ensino da Língua Portuguesa. Con este título vén de saír do prelo un libro no que a mestra xa xubilada Isaura das Dores Gomes de Sousa dá a coñecer ao público interesado a súa tese de doutoramento, presentada no ano 2009 na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense.  Os dous tomos que conforman a publicación son o froito da traxectoria persoal e profesional da autora ao longo de 46 anos de docencia.

mércores 17 de xaneiro de 2018

Segundo un estudo realizado pola investigadora da Universidade de Vigo Laura Ruiz

O 20% do alumnado do campus presenta unha conduta sedentaria

Os resultados empregaranse no deseño dun programa piloto para reducir esta porcentaxe

Os resultados empregaranse no deseño dun programa piloto para reducir esta porcentaxe. Na imaxe Laura Ruiz nun posto dos Martes Saudables

“O 20,6% do alumnado do campus de Ourense presenta unha conduta sedentaria, sen existir diferenzas significativas entre mulleres e homes”. Esta é unha das principais conclusións dun estudo realizado pola investigadora predoutoral da Universidade de Vigo Laura Ruiz. Os resultados obtidos neste traballo serán empregados para o deseño e implementación dun programa piloto que permita reducir esta incidencia na comunidade universitaria.  

martes 16 de xaneiro de 2018

O seu obxectivo é fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as futuras xeracións

O campus acollerá o 16 de febreiro a I Xornada de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas

A iniciativa incidirá na visibilización de referentes femininos

O seu obxectivo é fomentar as vocacións científicas entre as futuras xeracións

Co gallo da conmemoración o día 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense están a desenvolver unha serie de actividades que pretenden fomentar a vocación científica e tecnolóxica entre as futuras xeracións, especialmente entre as nenas e as adolescentes. No marco desta programación, o día 16 de febreiro os tres centros celebrarán a I Xornada de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas. 

martes 16 de xaneiro de 2018

José Manuel Sobrino ofreceu este martes no campus unha conferencia sobre este tema

Un achegamento desde o dereito a “un feito inédito pero anunciado” chamado Brexit

No marco do Curso de Actualización Xurídica 2017-2018

José Manuel Sobrino ofreceu este martes no campus unha conferencia sobre este tema

O pasado mes de novembro a Facultade de Dereito do campus de Ourense puxo en marcha un Curso de Actualización Xurídica 2017-2018 que ten como obxectivo afondar en temas transversais de actualidade para os profesionais ou futuros profesionais do dereito. No marco desta iniciativa este martes o centro acolleu a conferencia A retirada da UE: o Brexit, que foi ofrecida por José Manuel Sobrino, catedrático de Dereito Internacional Público da Universidade da Coruña.  

Seguinte | Última

1 de 376

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal