Alumnado

mércores 25 de abril de 2018

Ao longo de 2018 e 2019 organizarán diferentes actividades con este obxectivo

A Delegación de Alumnos e Alumnas de Dereito e o Grupo Medea Iuris recadarán fondos para un proxecto solidario na India

O diñeiro destinarase a un proxecto relacionado cos recursos hídricos

Ao longo de 2018 e 2019 organizarán diferentes actividades con este obxectivo

A Delegación de Alumnos e Alumnas da Facultade de Dereito do campus de Ourense e o Grupo de Investigación Medea Iuris da Universidade de Vigo veñen de presentar este mércores a posta en marcha dunha colaboración coa Fundación Vicente Ferrer. Ao seu abeiro e ao longo de 2018 e 2019, o alumnado deste centro organizará diferentes actividades para recadar fondos para un ou varios proxectos de loita contra a desertización e para a dotación de servizos hídricos en comunidades locais da India.

xoves 19 de abril de 2018

Alumnado de Educación Social celebrou este xoves as XV Xornadas Interxeracionais

Un día de convivencia no que superar as barreiras de idade e capacidades

A cita reuniu a grupos de estudantes, escolares, persoas con diversidade funcional e maiores

Alumnado de Educación Social celebrou este xoves as XV Xornadas Interxeracionais

Unha xornada de convivencia na que se rachen as barreiras que no día a día separan ás persoas, como poden ser a idade, a formación, as capacidades ou o sexo. Con este reto en mente, alumnado do grao de Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense volveu este xoves a congregar na Praza Maior de Ourense e noutros espazos da cidade a arredor dun centenar de persoas diversas pero co desexo común de divertirse na mellor compaña nas XV Xornadas Interxeracionais.  

mércores 18 de abril de 2018

Foron elixidos por público e xurado como mellor grupo universitario deste ano

Cool Cucumbers volven triunfar no Ensaiamos Colleita 2018

Tras gañar en 2015 e 2016, tiveron un parón ao estar no estranxeiro con programas de mobilidade

Cool Cucumbers durante o concerto de onte mércores

Tras un ano de parón musical obrigado, a banda universitaria Cool Cucumbers volveu neste 2018 aos escenarios con forza, tanta que volveron impoñerse como mellor grupo no Festival Ensaiamos, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais para poñer en valor a creatividade e calidade musical dos grupos e solistas da comunidade universitaria.

martes 17 de abril de 2018

Participan na feira 132 empresas e servizos públicos de emprego de 14 países

Máis de 2500 persoas buscan emprego na edición virtual da Finde.U

A cita arrincou este luns e xa se tramitaron máis de 200 entrevistas vía Skype

Participan na feira 132 empresas e servizos públicos de emprego de 14 países

 Máis de 2500 persoas inscritas que demandan emprego, fundamentalmente de Portugal e España, pero tamén do resto de países europeos. Esta semana celébrase a terceira edición da Feira Internacional Virtual de Emprego Finde.U e, a pouco máis de 24 horas desde que abriu as súas portas, as e os visitantes presentaron xa ás máis de 130 empresas participantes preto de 2.900 currículos, concertaron 156 entrevistas vía Skype e hai máis dun cento pendentes de confirmación de horario. Por diante queda o resto da xornada do martes e todo o mércores, xa que as inscricións manteranse abertas ao longo dos tres días que dura a feira.

venres 13 de abril de 2018

As alumnas e alumnos beneficiados estarán liberados do pago da matrícula

A Universidade dedica 125.000 euros a axudas para iniciar estudos de máster

O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o 20 de abril

O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o 20 de abril

Garantir que todo o alumnado que cumpra as condicións para iniciar estudos de mestrado oficial poida acceder en condicións de igualdade a ditos estudos. Con esta finalidade, a Universidade acaba de facer pública, un curso máis, unha nova convocatoria das bolsas para o inicio de estudos en másteres oficiais no curso 2017/2018, axudas dotadas cun total de 125.000 euros  e coas que a institución académica viguesa busca que ningún alumno ou alumna sexa excluído por razóns económicas nin académicas.

venres 13 de abril de 2018

O reitor destacou que estes galardóns “romperon as barreiras de ámbito e xénero”

11 ideas que soñan con converterse en negocio gañan a 7ª edición dos Premios Incuvi

Mediación Móvil e Ouvir Servizos socioeducativos, gañadores da convocatoria Avanza

Foto de familia dos premiados cos patrocinadores

Deporte, promoción lingüística, cultura, innovación docente, enerxías renovables, aproveitamento forestal, deseño téxtil e aplicacións móbiles. Nestes eidos céntranse as once propostas de emprendemento gañadoras da sétima edición dos Premios Incuvi Emprende, impulsados pola Universidade de Vigo e a Fundación Universidade de Vigo e dirixidos ao estudantado que desenvolve unha idea de negocio creativa baseada en calquera das ramas do coñecemento. Este venres, o reitor da Universidade, Salustiano Mato, entregou os diplomas e as chaves das súas futuras oficinas ás e aos impulsores destes proxectos.

martes 10 de abril de 2018

O alumno Marco Moreira foi un dos seleccionados no programa ‘Creadores 2018’ da Deputación de Málaga

Afondando nas relacións entre a representación e o real desde a Costa do Sol

Ata o mes de xuño, desenvolve a súa residencia artística no centro de cultura contemporánea La Térmica

Marco Moreira é un dos seis artistas seleccionados neste programa da Deputación de Málaga. Foto: La Térmica

Máis de 215 candidaturas concorreron á quinta edición do programa de residencias artísticas Creadores 2018, que impulsa a Deputación de Málaga e que desde hai unhas semanas congrega no centro de cultura contemporánea La Térmica aos seis seleccionados. Entre eles, o alumno de doutoramento de Belas Artes Marco Moreira, quen recoñece como “un privilexio” a súa selección para unha residencia que se completará cunha exposición colectiva a comezos de xuño. Nela, Moreira amosará os resultados dun proceso de traballo que buscará afondar nas “relacións entre a experiencia e o real”.

martes 10 de abril de 2018

No marco da programación da Ourense ICC Week

A 'quedada' informática do campus celebrarase do 3 ao 6 de maio

Este ano incluirá tamén competición de videoxogos e deportes electrónicos

No marco da programación da Ourense ICC Week

A programación da cuarta edición da Ourense ICC Week, que organiza a Deputación de Ourense, xa está pechada e entre os eventos que inclúe está unha nova edición da ‘quedada’ informática que cada ano se celebra no campus. Este ano a cita, que leva o nome de ICC Technium R Encounter, estará acompañada por unha actividade que xirará arredor da competición de videoxogos e deportes electrónicos chamada ICC eSports. As dúas iniciativas, que se desenvolverán baixo o lema ICC Gamers, son froito da colaboración entre a Deputación de Ourense, a Universidade de Vigo, R Euskaltel, a Federación Galega de Automobilismo e Mahou.

luns 9 de abril de 2018

A International Week reúne a 110 estudantes do centro, 12 de Bremerhaven e 15 docentes da UE

Ciencias Empresariais e Turismo celebra a súa semana máis internacional

A actividade celebra a súa oitava edición do 9 ao 13 de abril

A actividade celebra a súa oitava edición do 9 ao 13 de abril

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebra desde este luns e ata o venres 13 de abril a súa xa tradicional International Week, que permite ás e aos seus estudantes compartir actividades académicas e lúdicas con alumnado e profesorado estranxeiro. A cita máis internacional deste centro cumpre este curso a súa oitava edición acadando a participación de 110 estudantes propios, 12 da Universidade de Bremerhaven, en Alemaña, e 15 docentes de diferentes países da Unión Europea.  

luns 9 de abril de 2018

Celebrarase entre os días 16 e 18 de abril e xa se inscribiron 1200 demandantes de emprego

A Feira Internacional Virtual de Emprego Finde.U supera este ano os 120 expositores

Hai ofertas procedentes de toda Europa, sobre todo do ámbito tecnolóxico e sanitario

Cartel da feira

 Xa se inscribiron 1200 demandantes de emprego e a previsión é acadar os 3500 da anterior edición. Do 16 ao 18 de abril celébrase a terceira edición da Feira Internacional Virtual de Emprego Finde.U, unha cita pola que xa pasaron máis de 11000 visitantes e 450 empresas e na que este ano participarán máis de 120 expositores, 30 máis ca en 2017: 90 empresas con necesidades de contratación de persoal, 17 servizos/puntos de información relacionados con emprego e mobilidade e 12 xestionadas a través dos diferentes países participantes no ámbito da rede Eures.

Seguinte | Última

1 de 173

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal