Actividades Académicas

martes 23 de xaneiro de 2018

Impartirase un obradoiro de cultura e lingua para alumnado estranxeiro, o único de carácter presencial

Os cursos da Área de Normalización Lingüística continúan apostando pola docencia virtual do galego

A matrícula estará aberta do 5 ao 23 de febreiro

A matrícula estará aberta do 5 ao 23 de febreiro

A docencia virtual seguirá a ser modalidade predominante na programación da Área de Normalización Lingüística para o segundo cuadrimestre. A partir do mes de febreiro desenvolveranse cinco cursos en liña e tan só un presencial, o xa tradicional curso de extensión universitaria, destinado ao alumna estranxeiro de programas de intercambio, como unha primeira toma de contacto coa lingua e a cultura galegas. Na modalidade virtual, a comunidade universitaria poderá elixir entre redacción e deseño de traballos académicos e de investigación, redacción de documentos administrativos, actualización, corrección e escrita con novas tecnoloxías e técnicas de redacción.

venres 19 de xaneiro de 2018

A actividade é a primeira que se organiza no marco da rede Aqua-Cibus

Ciencias acollerá un ciclo de conferencias sobre acuicultura e toxinas

As sesións celebraranse os días 30 e 31 de xaneiro e 7 de febreiro

A actividade é a primeira que se organiza no marco da rede Aqua-Cibus

Recentemente o Cento de Investigacións Agro-Ambientais e Alimentarias (Cia3) da Universidade de Vigo, coordinado polo catedrático Jesús Simal, presentou a súa rede Aqua-Cibus, destinada a promover unha acuicultura de calidade, competitiva e sostible en Iberoamérica. A primeira actividade desta iniciativa, financiada polo Programa Iberoamericano de Ciencia y Tecnología para el Desarrollo Cyted, será a celebración dun ciclo de conferencias sobre acuicultura e toxinas. 

xoves 18 de xaneiro de 2018

Dirixido polo profesor de Fisioterapia Gustavo Rodríguez, mantén aberta a súa inscrición

Un curso achega o uso terapéutico de pilates a estudantes e fisioterapeutas

Impartido polo fisioterapeuta Sebastián Jesús Aboal, desenvolverase nos meses de febreiro e marzo

Participantes na primeira edición do curso

Polo seu potencial para abordar a prevención e tratamento de lesións do sistema musculoesqulético, para o tratamento de lumbalxias, a recuperación posparto ou o traballo de equilibrio estático e dinámico, o método pilates constitúe un importante recurso terapeútico para os e as profesionais da fisioterapia. Con ese propósito, o profesor da Facultade de Fisioterapia Gustavo Rodríguez organiza por segundo ano un curso complementario centrado nos exercicios en chan, aberto tanto ao alumado como a titulados e tituladas.

martes 16 de xaneiro de 2018

José Manuel Sobrino ofreceu este martes no campus unha conferencia sobre este tema

Un achegamento desde o dereito a “un feito inédito pero anunciado” chamado Brexit

No marco do Curso de Actualización Xurídica 2017-2018

José Manuel Sobrino ofreceu este martes no campus unha conferencia sobre este tema

O pasado mes de novembro a Facultade de Dereito do campus de Ourense puxo en marcha un Curso de Actualización Xurídica 2017-2018 que ten como obxectivo afondar en temas transversais de actualidade para os profesionais ou futuros profesionais do dereito. No marco desta iniciativa este martes o centro acolleu a conferencia A retirada da UE: o Brexit, que foi ofrecida por José Manuel Sobrino, catedrático de Dereito Internacional Público da Universidade da Coruña.  

xoves 11 de xaneiro de 2018

O ciclo retómase o día 25 coa conferencia de Pilar Lorenzo sobre as cantigas de amigo

Tres relatorios sobre lírica, mecenado e onomástica medieval para pechar 'Os xoves do Vindel'

A actividade finalizará o 22 de febreiro coa intervención de Xabier Ron

A profesora Camiño Noia presentando a Ceferino de Blas, un dos conferenciantes do ciclo

Tralo parón de Nadal, a programación cultural organizada pola Universidade co gallo da estadía do Pergamiño Vindel na cidade recupera o pulso cunha nova entrega de Os xoves do Vindel, o ciclo de conferencias no que expertas e expertos en diferentes ámbitos do coñecemento abordan distintas cuestións relacionadas co manuscrito medieval. Os últimos relatorios do ciclo irán da man de tres especialistas en literatura galega medieval: Pilar Lorenzo, docente na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Mariño, tamén profesor nese centro, e Xosé Xabier Ron, docente no IES de Ames.

xoves 21 de decembro de 2017

O obradoiro de introdución á lingua e cultura coreana continuará, tras estrearse este curso

Xa está aberta a matrícula para os cursos do segundo cuadrimestre do Centro de Linguas

Sete idiomas conforman a oferta de cursos do segundo cuadrimestre do Centro de Linguas

Sete idiomas conforman a oferta de cursos do segundo cuadrimestre do Centro de Linguas da Universidade de Vigo, unha proposta formativa á que se engaden exames de acreditación de inglés e francés CertAcles, así como unha proba de acceso libre francés B2. Tras estrearse como principal novidade da oferta do primeiro cuadrimestre do curso 2017-2018, neste segundo, o obradoiro de introdución á lingua e cultura coreana continúa cunha segunda parte destinada a un alumnado maior de 16 de anos con coñecementos previos da lingua.

martes 19 de decembro de 2017

A asociación Asaexs promoveu un coloquio sobre 'big data' e datos persoais na Casa das Campás

O alumnado sénior conciénciase do valor de protexer os seus datos na rede

A actividade contou coas intervencións do profesor Celso Cancela e do consultor Gregorio Andión

A Casa das Campás acolleu un coloquio sobre big data e protección de datos

Concienciar respecto da necesidade de adoptar “actitudes preventivas que eviten o mal uso ou o uso indebido de datos persoais” e contribuír así a fomentar unha certa “cultura de protección de datos” nuns tempos nos que a presenza de información de todo tipo na rede “trouxo consigo unha nova problemática que afecta á confidencial idade e á privacidade individual”. Este era, como sinala José María Fernández, presidente da asociación de alumnado sénior do campus, Asaexs, o propósito central da actividade que, coa colaboración da Vicerreitoría, este colectivo promoveu este martes na Casa das Campás. 

venres 15 de decembro de 2017

Unhas xornadas afondaron este xoves e venres no seu coñecemento e valorización

A arte rupestre, sinal de identidade pero tamén patrimonio cultural

A cita estivo organizada polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio

Unhas xornadas afondaron este xoves e venres no seu coñecemento e valorización

O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio Geaat da Universidade de Vigo celebrou este xoves e venres na Facultade de Historia do campus de Ourense, o ciclo de conferencias No Limiar das Artes. Encrucillada de Tradicións Rupestres. A xornada tivo como obxectivo pór en valor “a extraordinaria abundancia e calidade da arte rupestre galaica” como unha parte da memoria histórica, de sinal de identidade, pero tamén como parte do patrimonio material.  

venres 15 de decembro de 2017

Nove persoas realizarán os estudos de posgrao ao abeiro desta iniciativa de especialización

O programa de doutoramento do Campus da Auga arranca con investigadores procedentes de seis universidades

Este curso académico é o primeiro no que se oferta este título

Nove persoas realizarán os estudos de posgrao ao abeiro desta iniciativa de especialización

Se este martes a Universidade de Vigo recibiu a obra do novo edifico do Campus da Auga e o mércores se celebrou a gala de entrega dos I Premios de Investigación, Transferencia, Innovación Educativa e Divulgación Científica deste proxecto de especialización, este venres o campus de Ourense celebrou a conferencia inaugural do seu Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento. 

xoves 14 de decembro de 2017

O músico e musicólogo Paulo Gonçalves interveu nos Xoves do Vindel

Certezas e conxecturas sobre a música das cantigas de Martin Codax

Abordou a práctica interpretativa da música dos trobeiros

O relatorio de Gonçalves pechou 'Os xoves do Vindel' do ano 2017

A música dos trovadores. Aspectos da práctica interpretativa: certezas e conjecturas. Baixo este título o músico e musicólogo portugués Paulo Gonçalves ofreceu hoxe ao abeiro do ciclo Os xoves do Vindel, un relatorio no que abordou a realización práctica actual da música lírica trobadoresca galega medieval, nomeadamente a parte profana. “Este corpus lírico profano está, na súa dimensión literaria, composto por máis de 1600 cantigas, mais a parte conservada con música son só seis cantigas de amigo de Martin Codax e seis cantigas de amor de D. Dinis”, destaca Gonçalves, que incidiu na súa intervención nas escasas certezas que sobre a súa interpretación se derivan dun repertorio de hai 800 anos.

Seguinte | Última

1 de 284

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal